Amosando publicacións coa etiqueta Mel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mel. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de maio de 2012

Que será será??

Mirade que bicho tiñamos hoxe na clase cando chegamos:
Foi un regalo que nos fixeron os nenos e nenas de 5 anos do colexio de Marcón; eles mandáronnolo con moito cariño porque lle teñen moito aprecio á nosa profe e a nós tamén (porque a profe lles fala moito de nós), pero cometeron un fallo moi grande... non nos enviaron unha nota dicíndonos o que era, nin que comía, nin onde vivía... así que agora tócanos traballar.

Que vos parece que será? Nós estivemos pensando e pensando e non descubrimos que era. Sabemos que non é unha bolboreta, nin unha formiga, nin unha mosca, nin un mosquito, nin unha abella... pero non sabemos que é. Así que decidimos pedirlle axuda aos que máis saben destas cousas: os nosos papás, mamás, avoas... E esperamos a súa resposta para mañá porque senón nos parece que vai morrer de fame porque tampouco sabemos que come.
 O caso é que empezamos a falar dos insectos que coñecíamos e recordamos o que nos explicou a apicultora o día da charla no colexio e estivemos investigando máis sobre a polinización. Aquí vos deixamos algúns vídeos e fotos que nos gustaron moito:

 Empezamos por ver un documental do mundo dos animais de Disney.
 Aquí está a primeira parte:



 E aquí tedes a segunda parte:



 Logo descubrimos que non só as abellas realizan a polinización:



 Pero o máis fermoso de todos sen dúbida é este:

 

A profe tamén nos ensinou unha selección de fotos escollidas por ela en Internet.

Ademais achegámosvos un xogo no que os nenos/as teñen que polinizar as flores da mesma cor.




venres, 18 de maio de 2012

Como chega o mel ata nós?

O día 16 de maio visitounos unha apicultora para explicarnos como chegaba o mel ata as nosas casas. Como sabía que eramos aínda un pouco pequenos tróuxonos algúns dos obxectos, roupa e instrumentos cos que eles traballan (un colmea, un afumador, o seu traxe...) e despois de deixarnos vestir o seu gorro e explicarnos o proceso, agasallounos cun tarro de mel e unha goma de borrar.

Xogo de abellas

Con estas simpáticas abellas podes aprender a contar:

 

Preme aquí para xogar


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...