Amosando publicacións coa etiqueta reciclaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reciclaxe. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de maio de 2020

Enredando na cociña con LÚA


BO DÍA PEQUERRECH@S!
XA SABEDES QUE LÚA ESTÁ COMIGO.
EU, PENSABA QUE NON ME ÍA ENTERAR QUE ESTABA NA CASA...
  POIS "TRABUQUEIME"
 TÉÑOA A DAR VOLTAS AO MEU REDOR. 
QUERE XOGAR, 
 QUERE ENREDAR, ...
  ASÍ QUE BUSQUEI POLA CASA CON QUE ENTRETELA
 E QUE APRENDERA DE PASO.
 
HOXE VAI XOGAR COS TAPÓNS QUE GARDO PARA RECICLAR.
COLLÍN UNS GRANDES E OUTROS MÁIS PEQUENOS. ESCRIBÍN UNS NÚMEROS NOS TAPÓNS PARA PODER FACER VARIOS XOGOS.
AGORA QUE XA OS TEÑO PREPARADOS... 
QUE XOGUE!!!
   "A BUSCAR PARELLAS"  
"A REMEXER E ORDENAR DO 1 EN ADIANTE
 OU PARA ATRÁS"
"A PRENDERLLE PINZAS SEGUNDO O NÚMERO QUE TEÑA"...
MIRADE O QUE FIXO:
SABEDES XOGAR COMO ELA?
 
    CANDO  REMATEDES DE XOGAR, CANTADE:    
“A RECOLLER,
A ORDENAR,
CADA COUSIÑA
NO SEU LUGAR”
 GARDADE TODOS XUNTOS OS TAPÓNS NUNHA CAIXIÑA PARA OUTRO DÍA.
OLLADE ESTE VÍDEO QUE NON PARA DE PEDIRME:
BICOS DE TODAS AS CORES🌈❤️🧡💛💚💙💜
DA PROFE LOLI ❤️💚❤️💚❤️💚❤️💚
                                                   
XA VAN CHEGANDO TRABALLOS😚💖😚💖

mércores, 29 de abril de 2020

COCIÑANDO SERIES

BO DÍA PEQUERRECH@S!
A QUE NON SABEDES QUEN APARECEU
 POLA MIÑA CASA? 
LÚA !!

 FIXO UN TRUCO DE MAXIA E ESTÁ COMIGO.
SABEDES O QUE ESTÁ A FACER AGORA?
ENREDANDO POLA COCIÑA.
GÓSTALLE MOITO FACER SERIES CO QUE ATOPA,
 EN FIN, MÁIS BEN CO QUE LLE DEIXO
 PORQUE  A  ELA   "SÉRVELLE   TODO”:  
      FROITAS, LEGUMES, CUBERTOS, ...   
MIRADE O QUE TAL FIXO COS TAPÓNS PARA RECICLAR
E  COAS PINZAS DA ROUPA...
IGUAL QUE FACIAMOS NA CLASE MOITAS VECES
 NA ASEMBLEA: 
  NENO, NENA, NENO, NENA, NENO, NENA,... 
 LEMBRADES?
MIRADE  ESTA  OUTRA  SERIE  QUE  FIXEMOS:
NENO, NENO, NENA, NENA, NENO, NENO...
       PROBADE  AGORA  VOS!     
CON COUSIÑAS QUE HAXA POLA VOSA COCIÑA,
BUENO, "PEDINDO PERMISO".
LÚA QUERE VER COMO FACEDES,
MANDADE FOTOS AMOSANDO AS VOSAS SERIES
 VAISE POÑER A LADRAR DE LEDICIA.
BICOS DE TODAS AS CORES🌈❤️🧡💛💚💙💜
DA PROFE LOLI ❤️❤️❤️💚💚💚❤️❤️❤️
XA ESTÁN A CHEGAR SERIES
😄😄😄😄😄😄😄😄


luns, 25 de abril de 2016

Aprendendo os tres erres

O luns 25 de abril visitounos no colexio a Tía Marta, (a "tía" de Diego) que traballa na Planta de Reciclaxe de Lousame, para explicarnos máis cousiñas da reciclaxe e así darmos por pechado o noso proxecto do segundo trimestre.
Con Marta estivemos recordando os tres erres: como ser recicla, como podemos reducir e como podemos reutilizar algúns obxectos.
E despois de todo iso estivemos falando do compost, de como se fai na fábrica, de para que se utilizar, de que bichiños viven nel... e logo de todo iso e de visitar o noso composteiro (que por certo non está alá moi ben como puidemos observar e aprender) que mellor podíamos facer que usar ese compost para plantar fresas e cebolas nunha macetas. Agora toca coidalas para que medren e logo poder probalas.
Grazas Marta por compartir o teu tempo connosco, aprendemos moitísimo e pasámolo moi moi ben contigo e coa mamá de Diego.
E grazas polos nosos agasallos para reciclar e colorear, volve cando queiras.

martes, 5 de abril de 2016

Coidamos o medio

Un dos traballos que fixemos na aula ao redor do tema da Reciclaxe foi o libro de como coidamos o medio natural en familia.
Este libro vai pasar formar parte da biblioteca do noso centro co fin de que todo o centro aprenda del e de que nós poidamos recordar todo o que traballamos en familia por e para sempre.
Grazas familias por facer posible este tipo de actividades, sen vós non sería posible.

martes, 29 de marzo de 2016

Recollemos o noso contorno

Despois da nosa excursión para tirarmos o lixo nos seus colectores correspondentes observamos que o contorno do noso colexio estaba moi sucio, así que decidimos preparar unha nova saída para recoller algún dese lixo e axudar así a coidar o noso medio ambiente.
O primeiro que fixemos foi grupos de limpeza: o grupo azul que recollía o papel, o grupo verde que recollía o vidro (con axuda da profe), o grupo amarelo que recollía o plástico e o grupo marrón que recollía os orgánicos.
Pasámolo xenial e o noso contorno quedou moito máis limpo (non de todo por suposto) e despois de tanto traballar fomos merendar á Xunqueira e fixemos o recreo dese día no parque que aí onda praia.
Que ben o pasamos e canto aprendemos e traballamos polo ben común.

xoves, 17 de marzo de 2016

Mural de Coidado do Medio

Unha vez rematado o noso proxecto de Reciclaxe, aquí vos deixamos unhas fotos dos murais tan chulos que fixemos.


venres, 11 de marzo de 2016

Saída ao contorno

Hoxe fixemos unha saída ao noso contorno próximo para percorrer o camiño escolar e ver as sinais que por el atopamos e tamén para tirar "os nosos lixos" aos colectores correspondentes.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito, ademais de poñer en práctica o xa aprendido sobre a reciclaxe.

domingo, 7 de febreiro de 2016

Reciclaxe en familia

Xunto coas nosas familias estamos aprendendo a reciclar, reutilizar e reducir... o primeiro que fixemos foi aprender a reciclar por cores e logo estivemos vendo como se poden reutilizar moitos obxectos e convertilos en xoguetes ou útiles para a casa.
Foi un traballo en familia deses nos que tanto aprendemos, xa que fixemos manualidades, traballamos en equipo, esforzámonos na lectoescritura, traballamos conceptos de lóxica e de matemática...

luns, 1 de febreiro de 2016

Concurso Medio Ambiente

Aproveitando que estamos traballando a reciclaxe e o coidado do noso medio, a profe inscribiunos nun concurso. Gañar non é probable que gañemos (xa que somos moitos participantes) pero mentres o intentamos imos aprender moitísimo.
O concurso titúlas “Cuidamos el Medio Ambiente … por un Desarrollo Sostenible” e é da Asociación Mundial de Educadores infantiles.
Podedes ver máis información en:

domingo, 17 de xaneiro de 2016

Cantamos

Algunhas cancións sobre a reciclaxe tamén nos gustan





mércores, 13 de xaneiro de 2016

Aprendendo a reciclar

Vídeos explicativos para aprendermos a reciclar.













martes, 12 de xaneiro de 2016

O mundo nas nosas mans

Reciclar é o proceso que sofren os materiais de refugallo cando son recollidos e transformados en novos materiais, que poden ser utilizados ou vendidos como novos produtos.
O proceso de reciclaxe converteuse nunha actividade que axuda a solucionar moitos problemas ocasionados polos millóns de toneladas de refugallos sólidos que producimos a diario os seres humanos de todo o mundo. Reciclar é, polo tanto, contribuír a protexer o medio natural para deter a contaminación ambiental. Participar coa recollida, a separación e a reciclaxe é unha forma distinta de concivir a vida e percibir o contorno natural.
O noso obxectivo con este proxecto "o mundo nas nosas mans" é que os nosos alumnos/as teñan unha primeira toma de contacto no labor da reciclaxe, empezando por seperar as basuras que se xeran na aula, coñecendo os distintos colectores que nos atopamos na rúa e vendo como é posible reutilizar algúns dos materiais que poderiamos considerar de refugallo.
Con pequenos xestos como os que se producen a diario na nosa aula estamos achegando un gran de area ao coidado do noso planeta e o respecto polo medio natural.
Así co desenvolvemento deste proxecto educativo pretendemos transmitir unha concienciación da importancia do reciclado para o coidado do noso mundo. E que o reciclado sexa unha medio para dar utilidade a numerosos materiais de refugallo e convertelos en obxectos valiosos.

luns, 11 de xaneiro de 2016

Que sabemos?

Hoxe comezamos o noso novo proxecto “o mundo nas nosas mans” no que imos aprender moitísimas cousas.
Empezamos este proxecto falando da reciclaxe e do que nos sabíamos sobre ela, a verdade é que sabíamos máis do que a profe pensaba e deunos para falar moito moito tempo. Aquí tedes un resumo do que foi a nosa conversa.

“reciclar é cando dunha cousa se poden facer máis cousas”, “como unha máquina, ou xoguetes, ou disfraces ou trasnos”.
“temos que levar as botellas, latas e periódicos para tira a unha basura especial de colores”, “e pon unha foto e tíralo onde pon a foto”, “son de color azul, rojo e verde”, “non, son todos verdes”, “non amarillo, verde e rojo”, “non, rojo non”, “azul e negro, mireinos nuns dibujos de Peppa Pig”, “tamén hai marrón”, “non, marrón non”, “si, para facer iso para que nazan as plantas, está facido con tablas”, “e de aí sae unha terra especial que se fai coa basura e cos gusanitos”, “iso chámase compost”, “os gusanitos trituran a basura e bótana no compost e debaixo hai terra, unha terra especial”.
“por iso o trasno nos quitou a papeleira, quere que reciclemos” E que podemos recilclar? “tapóns”, “composto”, “botellas”, “non, só se reciclan tapóns” “na miña casa reciclamos cartón no azul, plástico no amárelo, todo no negro e botellas de cristal no verde e ven un camión e lévao á planta de reciclaxe da tía Marta e fan cousas e tráenas outra vez”.
E como imos reciclar se non tempos papeleiras? “comprámolas”, “traemos da casa”…


E aí quedamos, como vedes foi unha conversa moi produtiva e despois miramos un capítulo de Peppa Pig sobre a reciclaxe.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...