Hoxe por fin conseguimos ver o trasno Xan... e viu para quedarse.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Amosando publicacións coa etiqueta Trasno b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Trasno b>. Amosar todas as publicacións
venres, 5 de febreiro de 2016
mércores, 21 de outubro de 2015
O trasno Xan
O noso novo amigo, o trasno Xan, fainos bastantes trasnadas como escondernos o mandilóns, cambiarnos de sitio os vasos, agocharnos as chaquetas... pero é divertido así que nós portámonos moi ben con el e traémoslle comida (agora que xa sabemos que lle gusta), decorámoslle unha casiña, trouxémoslle contos, unha cestiña para ir paseo... e el como premio regalounos flocos de millo para ver unha película como no cine, chocolate para tomar de postre... é moi entretido ter un amigo trasno e agardar cada día para ver que nova trasnada nos fai, e ademais así aprendemos moitas cousas dos alimentos (tanto dos que comen os trasnos como dos que comemos nós).
venres, 16 de outubro de 2015
O Trasno Xan
Esta semana chegou á nosa clase un ser fantástico que non para de facernos trasnadas. Chámase o Trasno Xan.
Cal destes vos parece que pode ser?
Ou serán varios?
Cal destes vos parece que pode ser?
Ou serán varios?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

