E no noso boletín escolar podedes ver unha pequena homenaxe aos nosos avós e avoas que tanto nos ensinaron coas suas visitas os últimos meses.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Amosando publicacións coa etiqueta PROTAGONISTA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROTAGONISTA b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 15 de marzo de 2017
luns, 20 de xuño de 2016
Despedida de Anxo
E como non sempre os finais de curso son alegres, este ano tocounos a nós.
O noso amigo Anxo vaise deste noso cole (no que sempre será benvido, por suposto) a vivir moi, moi lonxe.
Ímoste estrañar Anxo; foron moitas aventuras, moitos xogos, moitas experiencias, moitas mañás xuntos, moitos contos, moitas excursións... en definitiva, toda unha vida.
Ogallá sexas moi feliz no teu novo colexio, na túa nova cidade coa túa gran familia.
Moitos bicos de todos de nós e volve cando queiras.

luns, 11 de xaneiro de 2016
domingo, 10 de xaneiro de 2016
Despedida de Yoel
O pasado venres foi o último día do noso amigo Yoel no noso colexio e para despedilo fixemos unha festa como el se merece e preparámoslle uns agasallos para que non se esqueza de nós.
Ímoste botar en falta en Yoel. Un biquiño, e vennos visitar cando queiras.
Ímoste botar en falta en Yoel. Un biquiño, e vennos visitar cando queiras.
luns, 30 de novembro de 2015
Visita da nai de Marta
A semana que Marta foi a nosa encargada visitounos a súa nai, Lena, con Sandra xa na barriga a punto de saír.
Fixemos unhas chapas superchulas con motivos do Samaín e cos nosos nomes.
Fixemos unhas chapas superchulas con motivos do Samaín e cos nosos nomes.
xoves, 22 de outubro de 2015
Pai de Sara
A semana que Sara foi a nosa encargada veunos visitar o seu pai que nos ensinou a facer malabares e nos regalou unhas bolas para intentar facelos nós na casa.
Ademais estivo facéndonos animais, espadas e flores con globos.
Foi moi divertido, grazas David por compartir o teu tempo con nós.
Ademais estivo facéndonos animais, espadas e flores con globos.
Foi moi divertido, grazas David por compartir o teu tempo con nós.
mércores, 21 de outubro de 2015
Pais de Lola
A semana que Lola foi a nosa encargada viñéronnos visitar os seus pais. Con eles estivemos lendo un conto sobre as cores e experimentando con el, logo conversamos sobre a súa árbore xenealóxica e xa por último despedímolos como se merecían.
Grazas Iván e Nuria por compartir o voso tempo con nós.
Grazas Iván e Nuria por compartir o voso tempo con nós.
xoves, 24 de setembro de 2015
Encargado da semana: Diego
O martes día 22 de setembro veunos visitar a mamá de Diego e fixemos cookies. Que boas estaban e que ben o pasamos.
venres, 17 de abril de 2015
xoves, 12 de marzo de 2015
Coñecendo a Anxo
A semana que Anxo foi o noso encargado por primeira vez aprendemos moitas cousas del e da súa familia. Queredes saber algunhas delas?
luns, 9 de marzo de 2015
Coñecendo a Jimena
Antes de marcharmos de vacacións de Nadal, Jimena foi a nosa encargada. E estas son algunhas das cousiñas que fixemos con ela e que nos ensinou da súa vida fóra da escola.
Agardamos que vos gusten.
Agardamos que vos gusten.
martes, 3 de marzo de 2015
Coñecendo a Mateo Maceira
Cando Mateo Maceira foi o noso encargado aprendemos moitas cousas del e da súa familia. Aquí vos deixamos unha pequena presentación de como foi a semana na que Mateo exerceu o papel de encargado de aula.
Agardamos que vos guste.
Agardamos que vos guste.
venres, 27 de febreiro de 2015
Coñecendo a Mateo Miñán
Xa hai moito moito tempo o noso amigo Mateo Miñán foi encargado da nosa aula (antes de empezar coa segundo volta dos encargados coa que estamos agora mesmo) e estivemos aprendendo cousiñas sobre el e sobre a súa familia na nosa aula.
Agardamos que vos guste a presentación de fotos que preparamos para a ocasión (aínda que sexa un pouco tarde).
Agardamos que vos guste a presentación de fotos que preparamos para a ocasión (aínda que sexa un pouco tarde).
xoves, 15 de xaneiro de 2015
Coñecendo a Mauro
Aquí vos deixamos unha presentación de fotos da semana en que Mauro foi o noso protagonista.
xoves, 4 de decembro de 2014
mércores, 26 de novembro de 2014
Coñecendo a Sara
Hai xa unhas poucas semanas Sara foi a nosa encargada e estivemos coñecendo máis cousiñas da súa vida fóra da escola: da súa familia, dos seus xogos favoritos.. e ademais de aprender moitas cousas dela, puidemos ler o seu conto favorito, ver a súa película favorita (un anaquiño só) e xogar cos seus xoguetes preferidos (que nos encantaron).
Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades que divertido foi coñecer un pouquiño mellor a Sara.
Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades que divertido foi coñecer un pouquiño mellor a Sara.
venres, 21 de novembro de 2014
Coñecendo a Dani
Aquí vos deixamos a presentación de fotos da semana en que Dani foi o noso encargado.
Agardamos que vos guste e que así poidades coñecer un pouquiño mellor ao noso amigo Dani e á súa familia.
Agardamos que vos guste e que así poidades coñecer un pouquiño mellor ao noso amigo Dani e á súa familia.
luns, 10 de novembro de 2014
Coñecendo a Noa
Aquí vos deixamos a presentación de fotos da semana que Noa foi a nosa encargada para que vexades cantas cousas aprendemos dela e con ela.
xoves, 23 de outubro de 2014
Coñecendo a Diego
A semana do 13 de outubro Diego foi o noso encargado de clase e aprendemos moitas cousas del e da súa familia.
Aquí vos deixamos unha pequena presentación do que foi a nosa semana con Diego de protagonista, agardamos que vos guste tanto como a nós.
xoves, 16 de outubro de 2014
Coñecendo a Marta
A semana do 6 de outubro a nosa encargada foi Marta e pasámolo moi ben falando dela e da súa familia.
Mirade cantas cousas aprendemos de Marta.
Mirade cantas cousas aprendemos de Marta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)