venres, 20 de decembro de 2024

Tempo de Nadal!





 As cativas e cativos de 3 anos moi ilusionados coa visita de Papa Noel...

 







 
Logo de facer as súas peticións, despedíronse con moito agarimo.


 🎅🎅🎅











luns, 9 de decembro de 2024

A mascota viaxeira

 O monstro de cores comeza a súa aventura, percorrendo as casas dos cativos e cativas de 3 anos, acompañado da súa mochila viaxeira, chea de contos e outras sorpresas relacionadas coa educación emocional, para pasar un bo rato en familia.


 

















 

luns, 2 de decembro de 2024

Conta atrás para Nadal!

 Hoxe os cativos e cativas de tres anos, ao chegar ao cole, percatáronse da visita nocturna do trasno de Nadal, que aínda que polo de agora non nos fixo ningunha trasnada,  deixounos un calendario de advento cheo de retos navideños e unha chocolatina para o encargado.

Aquí tedes aos cativos e cativas de 3 anos afrontando o primeiro reto de Nadal: Decorar a porta da aula empregando a cor verde. 

Así que ocorréuselles estampar unha fermosa árbore de Nadal.


Cal será o reto para mañán?

🌲🌲🌲🌲🌲


luns, 25 de novembro de 2024

25 N: STOP á violenza!


 Os cativos e cativas de 3 anos conmemoran o 25 N.


 

A partir da narración do conto "Pepuka e o monstruo que lle roubou o soriso". 

https://m.youtube.com/watch?v=qZB6ulhD5ig 

Na aula conversamos sobre a importancia de resolver os conflictos que xorden a cotío na escola, na casa, no parque...sempre dende o diálogo sen recurrir á violenza. 

Para recordalo elaboramos unha pranta entre todos e todas, coas palmas das nosas mans para recordar que non debemos recurrir a comportamentos violentos para resolver os conflictos na aula: pegar, morder, berrar, insultar...

STOP!!
HAI QUE PENSAR ANTES DE ACTUAR!

💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜

xoves, 7 de novembro de 2024

Sementando landras

 Os cativos e cativas de 3 anos ocorreuselles, a partir do conto "Xaime e as landras", sair a explorar o patio da escola na procura de carballos, landras e follas. 

https://m.youtube.com/watch?v=YbJCFDAIYjc 

Así, aprenderon a diferenciar polas follas aos carballos doutras árbores, ao tempo que observaron os cambios máis significativos que se producen na contorna  no outono.

Ao volver á aula quixeron facer coma Xaime, o protagonista do conto, plantando cadansúa landra, a cal regaron e abonaron.

Botade unha ollada...

 


Logo escribiron o seu nome e o pegaron no seu vasiño.

Mírade que ben quedaron...







Agora terán que coidala con moito agarimo e esperar a ver o que pasa.🌱🌱🌱🌱

 👀👀


mércores, 30 de outubro de 2024

Pasámolo de medo!! 👻

 Esta semana celebramos no cole o Samaín contando coa colaboración das familias para a realización de obradoiros terroríficos interniveis, decoración de cabazas sobre a prehistoria, merendas terroríficas...



 Como vedes estabamos todas e todos terroríficamente guapas e guapos...












Como vedes, pasámolo de medo!!


luns, 28 de outubro de 2024

Trazando as nosas primeiras letras

 Hoxe ao chegar tivemos unha sorpresa...







 

Practicamos de xeito lúdico o trazo das nosas iniciais. Primeiro coas letras de lixa co dedo seguindo a direccionalidade correcta e logo nas tablets...

Botade unha ollada...

 
















LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...