venres, 20 de decembro de 2024

Tempo de Nadal!





 As cativas e cativos de 3 anos moi ilusionados coa visita de Papa Noel...

 







 
Logo de facer as súas peticións, despedíronse con moito agarimo.


 🎅🎅🎅











luns, 9 de decembro de 2024

A mascota viaxeira

 O monstro de cores comeza a súa aventura, percorrendo as casas dos cativos e cativas de 3 anos, acompañado da súa mochila viaxeira, chea de contos e outras sorpresas relacionadas coa educación emocional, para pasar un bo rato en familia.


 

















 

luns, 2 de decembro de 2024

Conta atrás para Nadal!

 Hoxe os cativos e cativas de tres anos, ao chegar ao cole, percatáronse da visita nocturna do trasno de Nadal, que aínda que polo de agora non nos fixo ningunha trasnada,  deixounos un calendario de advento cheo de retos navideños e unha chocolatina para o encargado.

Aquí tedes aos cativos e cativas de 3 anos afrontando o primeiro reto de Nadal: Decorar a porta da aula empregando a cor verde. 

Así que ocorréuselles estampar unha fermosa árbore de Nadal.


Cal será o reto para mañán?

🌲🌲🌲🌲🌲


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...