venres, 21 de novembro de 2025

Obradoiro de coiro

 Nesta ocasión, Neda, de 3 anos, é a protagonista da semana e a súa familia ven de visita á aula para ensinarnos a facer pulseiras de coiro. 

Pásamolo xenial, e quedamos encantados coas nosas pulseiras.

Botade unha ollada...

 






























Moitísimas grazas familia por vires pasar un anaquiño connosco.

😍😍😍😍 

 

 

mércores, 19 de novembro de 2025

Pegadas misteriosas

 Menuda sorpresa tiveron os cativos e cativas de infantil ao entrar na aula, había unhas pegadas misteriosas ... quedaría a xanela aberta?




 

 Logo de moito investigar, decatámonos que eran de diferentes animais, e mesmo chegamos a identificar os animais que entraron na nosa aula.

Botade unha ollada clicando na ligazón: 

https://www.instagram.com/reel/DRNtac9jMzE/?igsh=MWJ0cTIzdWJ1MjBiMg== 

 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...