mércores, 6 de xuño de 2012

As plantas

O profe Juan (2º educación primaria) elaborou esta presentación sobre as plantas, e como nos gustou tanto decidimos compartila con vós.

martes, 5 de xuño de 2012

Mercadillo de flores

Nos próximos días imos facer o mercadillo de flores con material de refugallo.
Aquí vos deixamos as fotos de algunhas das flores e centros de flores que imos vender para que vaïades vendo canto nos esforzamos e canto traballamos.
Esperamos que vos gusten.


O luns fomos en Ambulancia

O luns veu ao noso colexio o papá de Javi coa súa ambulancia (xa sabemos que en realidade non é súa pero a nós gústanos dicilo así) e levounos a dar un paseo.
Pasámolo xenial dentro da ambulancia e vendo para que servían os aparatos que levaba dentro; o problema foi que cando estabamos na Xunqueira apareceunos unha enfermiña e tivemos que coidala (pórlle o termómetro, verlle a tensión, pasala á camilla...), pero como somos tan bos médicos e enfermeros mellorouse en pouco tempo.
Moitas grazas a todos os que colaboraron nesta saída que foron moitos (José María, Marta, Victor, Vanessa, Romina...) e vémonos na próxima demostración cando xa sexamos espertos en medicina.


Día Mundial do Medio Ambiente

luns, 4 de xuño de 2012

Recursos para o Día Mundial do Medio Ambiente

Aquí vos deixamos algúns vídeos e contos sobre a importancia de coidar o medio ambiente dende ben pequeniños.

 Vídeo sobre como podemos Reciclar

 

 Vídeo sobre como podemos Reducir



 Conto educativo sobre como sofre o noso planeta cando non o coidamos.



Vídeo sobre como estimular o amor pola natureza aos nenos e nenas.

E unha canción sobre o coidado do noso planeta.

http://www.waece.org/webimedio/videopadres.html

Protagonista

Esta semana o noso protagonista é... Javier López.


domingo, 3 de xuño de 2012

Crebacabezas da nosa protagonista

Algúen quere facer un crebacabezas da familia da nosa protagonista?

  preview6 pieceFamilia de Lucía

Crebacabezas

Se premedes na imaxe podedes facer un crebacabezas moi sinxelo de todos nós.


preview6 pieceP1070930

Libro dos animais

Aquí vos deixamos as fotos do libro dos animais que fixemos no noso anterior proxecto. Esperamos que vos guste.

venres, 1 de xuño de 2012

Visita dos papás de Lucía

Hoxe visitáronnos Lupe e Fabián (os papás de Antonio e Lucia) e a pesares de que moitos de nós xa os coñeciamos tiñámoslle algo de vergoña, así que ao principio non nos atreviamos nin a preguntarlle como se chamaban.
Despois duns primeiros momentos de timidez puxémonos a traballar, xa que os papás da nosa encargada viñan con ganas de ensinarnos a facer unha manualidade cunha cascara de noz. O primeiro que fixemos foi comer as noces (estaba claro non) e logo pintamos as cascaras de distintas cores (unhas verdes para os que quixeron facer unha ra e outras vermellas e negras para os que quixeron facer unha xoaniña). Despois de pintar tivemos que agardar  para que secasen as cascaras e nada mellor para facer máis curta a espera que realizar unha desas obras de arte en papel continuo que tanto nos gustan e aproveitar a ocasión para pintarnos as mans, a roupa, os mandilóns e por suposto o baño e o piso da nosa clase.
Logo de facer o noso "picasso" seguimos coa manualidade: primeiro colocámoslle a parte de abaixo e logo os ollos.
Para rematar despedimos aos nosos invitados facéndolles moitas proposicións para o verán e dándolle moitísimos bicos e apertas.
E despois da merenda os máis golosos gozaron coas chuches que nos deixaron de agasallo cando se foron.
Moitas grazas familia pola vosa visita, por ensinarnos a facer animais con noces e polas chuches e as noces.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...