venres, 16 de novembro de 2012

Visita da familia de Mell

A semana que Mell foi a nosa protagonista veunos visitar o seu pai, Maxi, e contounos un conto que nos gusta moito.
O primeiro que fixo foi presentarse, xa que moitos de nós non o coñecíamos, logo contounos en que traballa e que cousas lle gustaban. Máis tarde leunos o conto dos sete cabritos e despois mirámolo tamén na pantalla.
Como nos gustou moito o conto fixémoslle un debuxo para que levase para a casa e a profe encargouse de encadernalos todos xuntos.
Pasámolo moi ben e gustounos moito o conto, moitas grazas Maxi pola túa visita.


martes, 13 de novembro de 2012

A nosa canción dos trens

Aquí podedes oír a canción que máis nos gustou dos trens, lamento a propaganda.

 

domingo, 11 de novembro de 2012

Festexamos o magosto

O pasado venres día 9 de novembro festexamos o magosto no colexio. A celebración durou case toda a mañá e gustounos moitos.
O primeiro que fixemos foi falar coa mestra sobre o que celebramos no magosto e logo rematar os nosos bolsos das castañas que nos quedaron moi chulos, logo fomos para o ximnasio cos outros nenos e nenas de infantil para ler un conto (pero foi imposible, con aquela música de festa nós o único que queriamos era bailar).
A iso das 12:30 saimos para o patio e estivemos xogando a distintos xogos populares: carreira de sacos, birlos... e a outros adaptados para a ocasión: zóupalle á castaña, castañazo ao profe, cocendo castañas... e despois de tanto e tanto xogar tocou comer castañas e logo das castañas nada máis e nada menos que poder mancharse coas súas cinzas.
Estivo xenial. Aquí vos deixamos un pequeno adelanto das fotos que nos publicaron no xornal (premede na imaxe para ver máis).

E tamén podedes acceder á páxina do colexio na que están todas as fotos do Magosto e do Samaín.




mércores, 7 de novembro de 2012

Visita da familia da profe

A semana que a profe foi a nosa protagonista viñéronnos visitar os seus fillos, Anxo e Antía.
Con eles fixemos unha pócema máxica que nos saiu xenial.
Para elaborar esta pócema necesitamos: un pouquiño de auga, tres colas de coello, cinco lagarto, dous ollos de morcego, zume de limón e un pouquiño de sangue de araña. Estaba asquerosa asquerosa, menos mal que despois dixemos as palabras máxicas "abracadabra pata de cabra" e apareceron un montón de chuches no canto de todos aqueles ingredientes que nos botaramos.


Galletas do Samaín

Outra das actividades que fixemos co gallo do Samaín foi elaborar galletas e rosquillas.
Esta actividade fixémola conxuntamente todos os nenos e nenas de educación Infantil o pasado martés, quedar quedar non nos quedaron moi bonitas pero ricas si que estaban e pasámolo xenial.


luns, 5 de novembro de 2012

Froitos do outono

Aquí vos deixamos unha presentación dos froitos do outono para irnos preparando, xa que pronto faremos a nosa degustación anual.


Contos do magosto

Aquí podedes ver algún dos contos que imos traballar na aula coa chegada do magosto:


domingo, 4 de novembro de 2012

Xogos do magosto

Aquí podedes acceder a diversas actividades Lim sobre o Magosto.







Que festexamos no Magosto?

Aquí vos deixamos algunha información sobre que é o que festexamos no magosto e como o facemos.


É tempo de Magosto

O magosto está as portas, e para pasar de celebración en celebración nada mellor que unhas cancións.






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...