O pasado luns, aproveitando que non facía moi mal tempo, fixemos unha pequena saída ao noso contorno máis próximo para vermos as nosas casas e máis as dos nosos veciños e amigos.
A verdade é que nos gustou moito saír da escola e pasear tranquilamente pola vila fixándonos en algúns detalles nos que non nos fixaramos antes.
Saír do cole xa foi moi divertido pero ademais no noso paseo atopámonos con varios familiares e amigos e miramos moitísimas casas e algúns animais; pero sen lugar a dúbidas o máis divertido foi cando chegamos á casa da avoa Maruja (a avoa da nosa amiga Candela) que nos invitou a coñecer a súa casa e despois nos deu unhas galletas. Tamén estivemos falando coa carteira, con algúns veciños, co papá e os avós de Javier López, coa mamá de Edu e Uxía... e xogando con algúns animais.
Pena que á profe non se lle ocorra sacarnos da escola máis a miúdo porque nos gusta moitísimo.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
venres, 25 de xaneiro de 2013
luns, 21 de xaneiro de 2013
Día da Paz
A próxima semana imos celebrar o día da paz e entre outras moitas actividades imos intentar aprender unha canción adaptada polo profesor de música. Intentaremos aprender cando menos o estrebillo, pero canto máis mellor.
Aquí vos deixamos o karaoke da canción e máis a letra por se vos gusta.
Aquí vos deixamos o karaoke da canción e máis a letra por se vos gusta.
IMAXINA QUE ALGUN DÍA
XENTE DE DISTINTA COR
POIDA ESTAR REUNIDA
SEN ODIARSE , SEN RENCOR
IMAXINATE POR UN MOMENTO
A TODO O MUNDO CONTENTO
IMAXINA QUE NAS GUERRAS
AS BALAS FORAN DE ALGODÓN
QUE SOAMENTE CON FALAR
SE ATOPARA A SOLUCIÓN
IMAXINATE POR UN SEGUNDO
QUE HOUBERA PAZ NO MUNDO
DENDE PONTESAMPAIO
PEDIMOLO POR FAVOR
CONSTRUAMOS ENTRE TODOS
UN MUNDO MELLOR
IMAXINA QUE A XENTE
FOSE MENOS MATERIAL
QUE REPARTIRA UN POUQUIÑO
COS QUE TEÑEN NECESIDADE
IMAXINATE POR UN INSTANTE
QUE NINGUEN PASARA FAME
venres, 18 de xaneiro de 2013
xoves, 17 de xaneiro de 2013
mércores, 16 de xaneiro de 2013
La casa amarilla
Hoxe na nosa hora de xogar a pensar con arte estivemos vendo un cadro de Vincent Van Gogh que nos gustou moito. O seu título é La casa amarilla e foi pintada por Vincent Van Gogh en 1888.
Os iglús
Hoxe estivemos falando no colexio de distintos tipos de casa e unha das que máis nos gustou foi o iglú, así que estivemos vendo uns debuxos de algúen que vive nun iglú, Quen será?
martes, 15 de xaneiro de 2013
luns, 14 de xaneiro de 2013
Tipos de casas
Aquí podedes ver un vídeo sobre os tipos de casa que estamos traballando nesta unidade.
xoves, 10 de xaneiro de 2013
O polo Pepe
Hoxe Zaira tróuxonos o conto do Polo Pepe, a verdade é que xa o lemos moitísimas veces pero séguenos encantando; aquí vos deixamos a canción para que cantedes con nós.
E tamén vos deixamos unha presentación do conto para poder lelo na casa.
E tamén vos deixamos unha presentación do conto para poder lelo na casa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

