Os nenos/as levaron hoxe unha nota que igual non esperabades pero que para nada é rara nos colexios, se queredes saber algo máis sobre o tema aquí vos deixamos unha pequena información para lerdes na casa.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
venres, 17 de outubro de 2014
xoves, 16 de outubro de 2014
Coñecendo a Marta
A semana do 6 de outubro a nosa encargada foi Marta e pasámolo moi ben falando dela e da súa familia.
Mirade cantas cousas aprendemos de Marta.
Mirade cantas cousas aprendemos de Marta.
mércores, 15 de outubro de 2014
Unha aventura matutina
Hoxe pola mañá na nosa clase pasou algo "singular". Que sería?
Aquí vos deixamos a información e máis as fotos da nosa experiencia.
xoves, 9 de outubro de 2014
Coñecendo a Lucía
A semana pasada Lucía foi a nosa encargada de aula e isto permitiunos a todos coñecela máis e mellor a ela e á súa familia.
Lucía tróuxonos moitas fotos para ensinar, tamén nos trouxo o seu xoguete favorito, e o seu conto e a súa película favorita. Pasámolo moi ben vendo retais da súa vida e compartindo o tempo con ela e, ademais, tamén fomos coñecer ao seu irmán Jose que xa está en 1º de primaria.

luns, 6 de outubro de 2014
Os días da semana
Na nosa clase utilizamos moito as cancións para aprendermos cousiñas como podedes ir observando.
Outro dos contidos que aprendemos con cancións son os días da semana, mirade que cancións máis sinxelas á vez que útiles.
Outro dos contidos que aprendemos con cancións son os días da semana, mirade que cancións máis sinxelas á vez que útiles.
domingo, 5 de outubro de 2014
A miña cara redondiña
Unha das cancións que cantamos na nosa aula é esta:
Agardamos que vos guste. Xa que ademais axúdanos moito para aprendermos a debuxarnos.
Agardamos que vos guste. Xa que ademais axúdanos moito para aprendermos a debuxarnos.
sábado, 4 de outubro de 2014
Aniversarios de setembro
O xoves día 25 de setembro celebramos os aniversarios dos nenos/as que fixeron anos nese mes.
Pasámolo xenial cos outros nenos/as do colexio e decoramos unhas coroas moi chulas.
Parabéns a Diego, Mauro, Sara e Lola, que xa son maiores.
Pasámolo xenial cos outros nenos/as do colexio e decoramos unhas coroas moi chulas.
Parabéns a Diego, Mauro, Sara e Lola, que xa son maiores.
venres, 3 de outubro de 2014
Período de adaptación
Agora que o Período de Adaptación xa rematou e estamos todos xa na escola xuntiños e a xornada completa, deixámosvos aquí unhas pouquiñas fotos para que vexades cantas cousiñas fixemos e que ben o pasamos.
xoves, 2 de outubro de 2014
Carapuchiña vermella
Hoxe no cole estivemos lendo o conto favorito de Lucía, que non é senón o de Caperucita Peppa. E despois de lelo estivemos vendo un vídeo de Carapuchiña vermella de Disney.
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)