Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
xoves, 11 de decembro de 2014
xoves, 4 de decembro de 2014
mércores, 3 de decembro de 2014
luns, 1 de decembro de 2014
domingo, 30 de novembro de 2014
Chegou o Nadal
Todos os recursos que teñen que ver co Nadal, ben sexan xogos, panxoliñas, cancións, vídeos ou actividades van aparecer na ligazón superior que ten escrito "Nadal". Premede aí se queredes ver as cousiñas de Nadal que traballamos na clase e coas que nos entretemos.
venres, 28 de novembro de 2014
xoves, 27 de novembro de 2014
Festexando o magosto
Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica de como foi a celebración do magosto no noso colexio.
A verdade é que a algúns non lles gustou moito. Aínda non estamos preparados para as festas multitudinarias con música, xogos e liberdade no patio. Pouco a pouco iremos gozando das celebracións.
A verdade é que a algúns non lles gustou moito. Aínda non estamos preparados para as festas multitudinarias con música, xogos e liberdade no patio. Pouco a pouco iremos gozando das celebracións.
mércores, 26 de novembro de 2014
Coñecendo a Sara
Hai xa unhas poucas semanas Sara foi a nosa encargada e estivemos coñecendo máis cousiñas da súa vida fóra da escola: da súa familia, dos seus xogos favoritos.. e ademais de aprender moitas cousas dela, puidemos ler o seu conto favorito, ver a súa película favorita (un anaquiño só) e xogar cos seus xoguetes preferidos (que nos encantaron).
Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades que divertido foi coñecer un pouquiño mellor a Sara.
Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades que divertido foi coñecer un pouquiño mellor a Sara.
martes, 25 de novembro de 2014
Hoxe festexamos o Magosto
En breve subiremos máis fotos, mentres tanto podedes observar que fermoso deixou o noso patio do colexio o Outono.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
