luns, 11 de marzo de 2019

O enterro da sardiña

Hoxe é un día triste, despois de ler o conto do Ravachol empezamos o cortexo fúnebre da nosa Sardiña ata o patio; alí empezamos a vareala,  e a pobre pouco aguantou.

Agora sí,   REMATOU O ENTROIDO   😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭





xoves, 7 de marzo de 2019

MARILÓ E OS PEQUES DE 3 ANOS

Aproveitando a visita de Mariló para falar co resto do cole, estivo na nosa aula facendo unha actividade. Explicounos como facían os entrenos e púxonos un circuíto para facer con ela. Foi moi divertido, a verdade, e que as pequenas e pequenos querían repetir.
Grazar por vir.



DÍA DA MULLER

Hoxe co gallo do DÍA DA MULLER pedimos a colaboración dalgunhas familias para conmemorar este día. A idea centrouse en falar con mulleres que tiveran traballos que foran pensados anteriormente para o "xénero masculino".

Acompañáronnos: Mariló (mamá de Gabi e Iker) que é militar, Leni (mamá de Lucas) que é patrona de barco e Iria (madriña de Delia y Athenea) que é arbitra de fútbol.

Moitísimas grazas por vir.


As galletas de Mario.

Onte Mario estivo na súa casa facendo galletas, saíronlle tan boas, que hoxe tróuxoas para que as probaramos todos e non sobrou nada. Moitas grazas.


mércores, 6 de marzo de 2019

MAÍS ENTROIDO

Chegou a semana de entroido, e cada día fomos traendo a nosa pincomanda, estabamos xeniales cos mandados de pinco.

E o venres foi o gran día, onde pinco deixounos o mandado de vir co noso mellor disfraz, así nos puxemos mans a obra. Estabamos todos guapísimos. 



E no patio intentamos desplumar ao noso amigo o galo Cantarico.



ROSALÍA COS PEQUES DE 3 ANOS

Xa que conmemorabamos a aniversario de Rosalía no cole, na clase de 3 anos fixemos unha máscara de Rosalía coa axuda de Raquel, a mamá de Mara.
Coma sempre un pracer contar coa vosa axuda!! Grazas.


venres, 1 de marzo de 2019

O Entroido.

E por fin, despois de toda a semana a voltas co Entroido, chegou o gran día. Hoxe tiñamos na clase unicornios, cabaleiros, romanos, osos amorosos, princesas de Frozen, cazapantasmas, Frida Kahlo, policías, superman e spiderman,  estaban todos guapísimos e guapísimas; e as familias non quedaban atrás.

Durante o desfile case morremos de calor pero cando chegou o Galo Cantarico xa se nos pasou todo,  e corremos como tolos para arrincarlle as plumas; incluso antes de que nos tocara,  porque a profe nos mandou ir a axudarlle os de catro  anos. 😂😂😂😂😂😂😂😂😂







xoves, 28 de febreiro de 2019

Madamas e galáns.

Hoxe como xa saberedes polos nen@s e polo blog da Biblioteca, tivemos a visita dunha madama e dun galán, que nos contaron moitas cousas do Carnaval de Cobres, declarado de interese turístico; nos  quixemos probar o sombreiro dun galán pero pesaba tanto que non eramos capaces de movernos e moito menos bailar como elas i eles o fan. VIVA O ENTROIDO.


mércores, 27 de febreiro de 2019

Aniversarios mes de febreiro!

Hoxe celebramos os aniversarios de Nuno, Jacobo, Icía e Mauro. Comimos biscoito e guisanitos ata fartar e que. ... 😋 rico estaba.











martes, 26 de febreiro de 2019

Obradoiro de Entroido.

Onte tocou o Obradoiro de Entroido nas clases de infantil, como xa sabedes dividímonos en grupos para que os maiores lles boten unha man os máis pequenos. Esta vez tocounos facer caretas con oveiras e filloas.
As filloas sairon tan ben que non fomos capaces de tomar a merenda que trouxemos da casa.

Foi un día moi divertido.








LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...