mércores, 15 de maio de 2019

TÍTERES

Co motivo da celebración da semana Letras Galegas (que este ano ten coma protagonista a Antón Fraguas) e recordando que moi preto de nós, en Redondela estase a celebrar o XX festival de títeres, levamos a cabo un obradoiro de títeres de moscas!
pero... por que de moscas?
Aquí vos deixamos un poema do homenaxeado:
UNHA PULGA E UNHA MOSCA 
TRATARON DE SE CASAR
 FIXERON AS BOLAS XUNTOS
 E FALTÁBALLES O PAN. 
SAÍU A FORMIGA 
DO SEU FORMIGUEIRO 
-SE QUEREDES PAN
 EU SON PANADEIRO. 
-AGORA MENIÑA 
PANCIÑO XA TEMOS
 FÁLTANOS O VIÑO 
ONDE O TOPAREMOS?




martes, 14 de maio de 2019

O CONTO DA NAI DE MAURO.

Hoxe veu a nai de Mauro a lernos só un conto, porque aínda que trouxo dous, Mauro quixo lérnolo el e fíxoo moi ben.

Estaba tan bo día que aproveitamos a sombra debaixo do noso salgueiro chorón, encantounos a experiencia e se o tempo o permite farémolo máis veces.

Moitas grazas por vir a compartir con nós este ratiño.


xoves, 9 de maio de 2019

VERMES DE SEDA

Todos os días limpamos, alimentamos e observamos as nosas pequenas mascotas pero...crecen moi rápido!

OS AVÓS DE ÉRIC.

Por fin chegou o día, a Éric facíalle moitísima ilusión que viñeran os seus avós a lernos un conto, e onte puideron vir o avó Toni e a avoa Tere, cada un co seu conto; gustáronnos moitos e pasámolo moi ben.

Moitísimas grazas por vir a pasar con nos este momento de lectura compartida.


martes, 7 de maio de 2019

O CONTO DE ANDREA SEOANE.

Hoxe viñeron os pais de Andrea S. a lernos un conto chulísimo sobre os irmáns maiores que nos encantou porque tiña moitos sons; tamén trouxeron outros libros onde buscamos animais, a Wally...
Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que veña outra familia.

Moitísimas grazas por vir.


luns, 6 de maio de 2019

OBRADOIRO DE PRIMAVERA

Como xa sabedes,  este ano estamos a facer varios obradoiros interniveis, e hoxe foi o turno do Obradoiro de Primavera; ademais de probar novos alimentos, aprender moitas cousas desta estación,  o que queremos fomentar é a colaboración entre as distintas idades.

Aqui tendes unha mostra do ben que o pasamos.







xoves, 2 de maio de 2019

VERMES DE SEDA

Este trimestre, entre outras moitas cousas, estamos a traballar os vermes de seda; ademais de alimentalos e limpalos cada día, tamén os medimos, observámolos coa lupa, contámolos...





Lectura coa familia de Mariña.

O luns tivemos a visita da primeira familia que se animou a lernos un conto; viñeron a mamá de Mariña e o seu irmán con un libro precioso sobre a vida de Frida Kahlo; encantounos pasar con eles a hora da lectura e aprendemos moitas cousa desta marabillosa pintora mexicana.

Moitísimas grazas por vir.





mércores, 1 de maio de 2019

ANIVERSARIOS ABRIL

Coma sempre celebramos os aniversarios do mes correspondente. Neste caso os homenaxeados eran Izan e María.
Izan convidou a todos as suas amigas e amigos a biscoito e gusanitos, María non nos puido acompañar pero tamén nos acordamos dela.
Felicidades chicos!!!!!!


A ROSCA DE MATEO

O amigo Mateo preparou coa súa avoa unha rosca para compartir cas amigas e amigos na aula. Estaba boísima, a comimos enteira, non quedaron nin as migallas.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...