Moitas grazas, Lorena.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
domingo, 2 de xuño de 2019
OS CONTOS DA MAMÁ DE SABELA
Xa levabamos uns días sen familias que nos viñeran a ler un conto; pero o venres chegou a mamá de Sabela con Rosa caramelo e Sacapenas; estivemos todos moi atentos escoitando debaixo do chorón porque xa sabedes que nos encantan os contos, pero o que máis nos gusta é que as nosas familias veñan o cole.
venres, 31 de maio de 2019
EXPERIMENTAMOS COAS CORES
Os peques de 3 e 4 levamos a cabo un obradoiro de cores da man de "Colores" de Hervé Tullet.
Pero este é un conto especial, un conto diferente... pois é máxico!
A través das súas páxinas probamos, mezclamos, exploramos e manipulamos o mundo das cores mentres nos divertíamos creando as nosas propias obras de arte.
xoves, 30 de maio de 2019
PLANTANDO MILLO
Estamos no tempo da sementeira, a semana pasada pasada foron chícharos e agora é o turno do millo; a ver se temos sorte e sae algo.
ANIVERSARIOS MES DE MAIO
mércores, 29 de maio de 2019
VISITA AO ALBERGUE
Como xa sabedes estamos a traballar o Camiño de Santiago, e como non podería ser doutro xeito, fomos visitar o recente albergue inaugurado pola familia de Delia e Athenea.
Moitas grazas Tomás pola atención, encantounos a visita.
martes, 28 de maio de 2019
MÁIS FAMILIAS
A semana pasada contamos coa axuda de dúas novas familias. A mamá de Nuno, coa que plantamos céspede, e o papá de Julia, co que fixemos una preciosos abanicos.
Coma sempre un placer contar coa cosa axuda. Grazas.
Coma sempre un placer contar coa cosa axuda. Grazas.
xoves, 23 de maio de 2019
PLANTANDO CÉSPEDE
Os peques de 4 e 5 levamos a cabo un obradoiro de plantado de céspede, e aproveitando que facía bo día, que mellor maneira que no patio!
Agora temos que regalo e coidalo moito, pois será a futura cabeleira dun monstro.
Agora temos que regalo e coidalo moito, pois será a futura cabeleira dun monstro.
CONCERTO DE MIGALLAS
O martes antes do concerto fomos un ratiño ao parque do barco, despois tomamos o bocata para coller forzas e xa entramos a bailar e cantar con María e Carlos do grupo de teatro Migallas. Pasámolo xenial coas cancións que aprendemos no cole!!!!!!!!
xoves, 16 de maio de 2019
O XOGO COMO MÉTODO DE APRENDIZAXE
PLANTAMOS CHICHAROS
Aproveitando estes días de sol plantamos chicharos no patio. Foi xenial embadurnar coa terra e a agua.
Agora, esperar que medre.
Agora, esperar que medre.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















