Mateo preséntounos a súa irmá Julia, tiñabamos moitas ganas de coñecela!! E ensinounos fotos de cando era pequeno porque agora xa é o irmán maior. O pai de Mateo, mentres Julia tomaba o peito, contounos un conto moi divertido. Unha visita estupenda!! Moitas grazas familia!!
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
xoves, 5 de decembro de 2019
luns, 25 de novembro de 2019
25-N
NAS AULAS DE
INFANTIL TRABALLAMOS TODOS OS DÍAS A IGUALDADE ENTRE TODOS E TODAS, QUE
NINGUÉN É MÁIS CA NINGUHA.
LIMOS NA CLASE E
COMENTAMOS OS CONTOS DE ARTUR E CLEMENTINA E NIN UN BICO
Á FORZA .
PREPARAMOS
UN MURAL COAS NOSAS MANS PARA FACER UN LAZO.
OLLADE QUE PEGADAS!
REMATAMOS
DIANTE DA MONTAXE FACENDO UNHA FOTO DECINDO BEN ALTO:
NIN UN BICO Á FORZA!!
martes, 19 de novembro de 2019
Obradoiro de froitas
O VENRES PASADO FIXEMOS NA CLASE DE 4 ANOS BROCHETAS DE FROITAS.
VIÑERON MOITAS NAIS E PAIS A AXUDARNOS A PELAR E A CORTAR AS
FROITAS.
PELARON E CORTARON CAQUIS, UVAS, KIWIS E MAZÁS PARA
PINCHAR.
HOUBO MOITOS QUE POLO CAMIÑO PUXÉMONOS AS BOTAS.
COMEMOS FROITA ATA FARTAR.
DECORAMOS CON UN POUCO CHOCOLATE ALGUNAS BROCHETAS.
GÚSTANOS MOITO QUE VEÑADES AO COLE CON NÓS.
GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS POR VIR.
xoves, 14 de novembro de 2019
Elmer: A mascota viaxeira da clase de 4 anos.
Elmer comezou a súa viaxe... Os nenos e as nenas de 4 anos cóntannos que o pasan xenial con él nas súas casas. Delia ata o levou en barco, Jacobo ao cine a ver a peli de Abobinable, Mara ao Burguer King... A onde o levará Mateo esta fin de semana?
Cabazas terroríficas
Os nenos e as nenas, da clase de 4 anos, coa axuda das súas familias fixeron unhas cabazas terroríficamente chulas. Encantáronnos!!!
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
mércores, 13 de novembro de 2019
EFECTO PO2
O venres pasado viñeron dúas rapazas do Concello a facer unha actividade para concienciar ao alumnado do cambio climático.
Lorena e Sandra contáronlle aos nenos e nenas o conto "A miña cidade" de Eva Mejuto e conversaron cos cativos e cativas sobre como sería a súa cidade ideal.
Despois en teas cen por cen orgánicas debuxaron as cousas que lle gustaría que saíran dun tubo de escape en lugar de fume.
O día 27 de novembro no parque das Palmeras en
Pontevedra vanse expoñer os traballos e leerase un manifesto coas ideas e
aportacións dos nenos e nenas de todos os colexios participantes.
martes, 12 de novembro de 2019
"Pelos tortos"
Onte veu Patricia, a nai de Breogán, á clase de 4 anos, para contarnos o conto de "Pelos tortos".
E despois, fixemos unhas pantasmas cunha pintura máxica que alumea na escuridade.
Moitísimas grazas por vir, Patricia.
Pasámolo xenial!!
xoves, 31 de outubro de 2019
A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO COLEXIO
PASÁMOLO
DE MEDO NA FESTA DE SAMAÍN.
VIMOS
AO COLEXIO CUNS TRAXES QUE METÍAN MEDO. VAMPIROS, BRUXAS, ESQUELETES, MOMIAS, …
QUEN DIXO MEDO!
GUSTOUNOS MOITO COMO MUDÓU O
XIMNASIO E PASAR POLO TÚNEL OS QUE QUIXEMOS.
XA
PASAREMOS POLO TÚNEL O ANO QUE VEN!
PASÁMOLO
EN GRANDE!
SANDÍA, SANDÍA, SANDÍA. VÉMONOS EN CINCO DÍAS.
SAÍMOS NA PRENSA,. PREME ESTE TEXTO PARA VELO.
https://bibliopinco.blogspot.com/2019/11/samain.html
SAÍMOS NA PRENSA,. PREME ESTE TEXTO PARA VELO.
https://bibliopinco.blogspot.com/2019/11/samain.html
xoves, 3 de outubro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






























