xoves, 20 de febreiro de 2020

As viaxes de Elmer

Elmer, a mascota de catro anos, pasouno en grande viaxando ás vosas casas. Foi a unha morea de sitios divertidos. 
Os nenos e nenas contáronnos as súas últimas aventuras con este elefantiño morado...
Na maleta viaxeira poderedes ver o caderno que fixestes das súas viaxes. 

Moitas grazas por participar nesta aventura e coidalo tanto!!




luns, 17 de febreiro de 2020

A princesa metesustos

Hoxe, na aula de 4 anos, tivemos unha visita moi especial: os pais de Lois viñeron con Sabela, a súa irmá, a teatralizar un conto titulado "A princesa metesustos" na que a protagonista era, nin máis nin menos que Sabela, a princesa coa boca de fresa!!


Logo, fixemos unha manualidade, que consistía en pintar, con pintura de dedos, o país dos ventos que saía no conto. 


Para merendar a familia de Lois convidounos a fresas, en honor de Sabela, a princesa da boca de fresa.
Que boas estaban!! 


Para rematar, entre todos e todas, fixemos un debuxo para Sabela.


Familia, moitísimas grazas por vir a compartir esta fermosísima historia chea de valores e ilusións connosco. 
Encautounos!! 💓💙💚💛💜💗









martes, 21 de xaneiro de 2020

Pequenos grandes artistas

Hoxe, na clase de 4 anos, seguimos a experimentar coas pinturas rupestres e mesmo como  mulleres e homes primitivos fixemos as nosas creacións artísticas empregando en lugar de pinceis, que nese tempo aínda non existían, uns paos que collemos no patio. Pasámolo pipa dando renda solta a nosa imaxinación e potenciando a nosa creatividade artística.



                      
                      E velaquí os resultados!!! 
 



Non cabe dúbida de que estes nenos e nenas son uns artistas!!

venres, 17 de xaneiro de 2020

O irmán de Mara

 Mara xa é irmá maior!!
 Todos e todas estabamos impacientes por coñecer ao seu irmán Lucas. E onte quedamos contentísimos coa súa visita, portouse de marabilla!! Ademáis o pai de Mara contounos un conto que nos gustou moitísimo e Mara ensinounos fotos de cando era bebé. Eran igualiños!! 



MOITAS GRAZAS FAMILIA POR VIR PASAR UN RATIÑO CONNOSCO!!

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Mural rupestre

Neste 2º trimestre os nenos e nenas de 4 anos estamos a investigar sobre a prehistoria. Esta semana aprendemos moitas cousas sobre as pinturas rupestres. 

Mirade que ben o pasamos poñendo en práctica o aprendido!!


martes, 24 de decembro de 2019

Benvido nadal!!!

Este venres, puxémonos guapísimos e guapísimas todos e todas, para darlle a benvida o nadal e despedir o ano cunha festa rachada, na que actuaron todos os cursos. Para comezar a festa tivemos unha actuación moi especial coa participación de Alberto (o pai de Carolina de 5 anos), Bernardo (o pai de Fátima de 4 anos) e o avó de Malia de 4 anos, que viñeron tocar para nós. Pasámolo bomba!!
E para rematar tivemos unha visita moooi especial!!!! 🎅


Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!!!

BO NADAL!!! 🎅🎄

venres, 13 de decembro de 2019

Obradoiro de neve

Onte, Bibi, a nai de Delia, da clase de 4 anos, veu pasar toda a mañá connosco. Fixemos un montón de cousas divertidas xuntos.
Reunidos en asamblea contounos que o primeiro que fariamos serían uns adornos navideños.

Mirade que chulos!!! 


Antes da merenda, debuxamos cuns bolis máxicos que tiñan unha tinta invisible e para poder ver os nosos debuxos tiñabamos que usar unha luz. 

Encantáronnos!!! 





Á volta do recreo, Bibi ensinounos a facer neve mesturando auga e bicarbonato. E fixemos uns bonecos de neve espectaculares empregando elementos naturais.







Pasámolo bomba!!! 



MOITÍSIMAS GRAZAS BIBI POLA VISITA. VOLVE CANDO QUEIRAS!!! 💜💜

Obradoiro de adornos navideños

O luns, coa axuda de Paula, a nai de Iria da clase de 5 anos, todas as cativas e cativos de educación infantil, fixemos unhas árbores de nadal chulísimas, non lles faltaba detalle!!!
Aínda que traballamos moitísimo, pasámolo moi ben todos xuntos.

Moitísimas grazas, Paula, por vir colaborar connosco.
 

venres, 6 de decembro de 2019

Aniversarios de novembro

A semana pasada celebramos os aniversarios do mes de novembro cunha festa rachada na que o pasamos "pipa" todos xuntos. Por certo, as tartas estaban tan boas que todos quixemos repetir...
Parabéns para Sandra e Lois que cumpriron 4 aniños e para Pablo que xa ten 5 anos.

 Hai que ver como pasa o tempo!!

 
Parabéns!!! 😍😍
 

xoves, 5 de decembro de 2019

Unha visita moi especial

Mateo preséntounos a súa irmá Julia, tiñabamos moitas ganas de coñecela!! E ensinounos fotos de cando era pequeno porque agora xa é o irmán maior. O pai de Mateo, mentres Julia tomaba o peito, contounos un conto moi divertido. Unha visita estupenda!! Moitas grazas familia!!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...