sábado, 29 de febreiro de 2020

Enterro da sardiña


MENUDO FINAL DE FESTA TIVO A POBRE SARDIÑA.
PRIMEIRO A PINTARON CON MOITO AGARIMO, 
LOGO CHORARON POR ELA
 PASEÁNDOLA NO SEU CADALEITO POLO PATIO ENTEIRO.
AI, A MIÑA SARDIÑA!
MAIS XA NON TIÑA REMEDIO. 
 PASENIÑO FORON VAREÁNDOA, 
PERO SO O PRINCIPIO PORQUE A COUSA FOI A MÁIS
 
E REMATOU COAS TRIPAS POR FÓRA...
E QUE BOAS ESTABAN!

mércores, 26 de febreiro de 2020

O DISFRACE DE CROMIÑÓN

Este entroido preparamos  na aula os complementos  
para o noso disfrace de Croniñón.

Traballamos na aula pintando pasta con
 cores "Prehistóricos" para facer series.



Pintamos ademáis uns ósos para adornar colgantes.

Fixemos  "fósiles" de pegadas de animais
 con pasta branca. 
Pasámolo xenial facendo na clase os disfraces

Mirade que primitivos estabamos.
A que quedou un disfrace chulísimo? 

sábado, 22 de febreiro de 2020

Menudos trogloditas!!

Onte no cole festexamos o entroido, os cativos e cativas da clase de 4 anos, ían guapísimos cos  disfraces de trogloditas, feitos coa axuda das súas familias e cos colares que eles elaboraron na aula coa axuda das súas mestras.

Mírade que feitiños!!


Estaban para comelos!! 




Moitísimas grazas a todas as familias por participar, sen a vosa axuda  non sería posible!!! 
😉😍  


Aquí vos deixo a corrida do galo!!
 😅😅😆

xoves, 20 de febreiro de 2020

Saída ao teatro a Pontevedra

Hoxe, todos os cativos e cativas de educación infantil, fomos ao teatro a Pontevedra, a ver unha obra titulada "O lobo e a lúa" que nos encantou. Logo fomos ata o parque da Alameda a merendar e a xogar un pouco.
Pasámolo pipa!!!

Bótade unha ollada!!
 

Obradoiro de colares prehistóricos

Nesta semana, na clase de 4 anos, estivemos moi atarefados facendo os colares para os nosos disfraces de trogloditas, con pasta branca de modelar e macarróns. Menos mal, que a profe Yoli, axudounos moito!!

Quedaron chulísimos!!!




As viaxes de Elmer

Elmer, a mascota de catro anos, pasouno en grande viaxando ás vosas casas. Foi a unha morea de sitios divertidos. 
Os nenos e nenas contáronnos as súas últimas aventuras con este elefantiño morado...
Na maleta viaxeira poderedes ver o caderno que fixestes das súas viaxes. 

Moitas grazas por participar nesta aventura e coidalo tanto!!




luns, 17 de febreiro de 2020

A princesa metesustos

Hoxe, na aula de 4 anos, tivemos unha visita moi especial: os pais de Lois viñeron con Sabela, a súa irmá, a teatralizar un conto titulado "A princesa metesustos" na que a protagonista era, nin máis nin menos que Sabela, a princesa coa boca de fresa!!


Logo, fixemos unha manualidade, que consistía en pintar, con pintura de dedos, o país dos ventos que saía no conto. 


Para merendar a familia de Lois convidounos a fresas, en honor de Sabela, a princesa da boca de fresa.
Que boas estaban!! 


Para rematar, entre todos e todas, fixemos un debuxo para Sabela.


Familia, moitísimas grazas por vir a compartir esta fermosísima historia chea de valores e ilusións connosco. 
Encautounos!! 💓💙💚💛💜💗









martes, 21 de xaneiro de 2020

Pequenos grandes artistas

Hoxe, na clase de 4 anos, seguimos a experimentar coas pinturas rupestres e mesmo como  mulleres e homes primitivos fixemos as nosas creacións artísticas empregando en lugar de pinceis, que nese tempo aínda non existían, uns paos que collemos no patio. Pasámolo pipa dando renda solta a nosa imaxinación e potenciando a nosa creatividade artística.



                      
                      E velaquí os resultados!!! 
 



Non cabe dúbida de que estes nenos e nenas son uns artistas!!

venres, 17 de xaneiro de 2020

O irmán de Mara

 Mara xa é irmá maior!!
 Todos e todas estabamos impacientes por coñecer ao seu irmán Lucas. E onte quedamos contentísimos coa súa visita, portouse de marabilla!! Ademáis o pai de Mara contounos un conto que nos gustou moitísimo e Mara ensinounos fotos de cando era bebé. Eran igualiños!! 



MOITAS GRAZAS FAMILIA POR VIR PASAR UN RATIÑO CONNOSCO!!

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Mural rupestre

Neste 2º trimestre os nenos e nenas de 4 anos estamos a investigar sobre a prehistoria. Esta semana aprendemos moitas cousas sobre as pinturas rupestres. 

Mirade que ben o pasamos poñendo en práctica o aprendido!!


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...