Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras.
As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Hoxe propóñovos un xogo moi divertido, que consiste en formar palabras bisílabas, e dicir, de dúas sílabas.
O primeiro que tendes que facer é pedirlle axuda a un adulto para facer unhas tarxetas coma éstas, tedes que escribir o mesmo ca min, MIRADE:
Unha vez tedes feitas as tarxetas, practicade coa axuda dun adulto, a ler o que pon en cada unha.
Cando o teñades dominado, xa podedes comezar o xogo e intentar formar palabras xuntando dúas tarxetas. Ánimo, a ver cantas palabras sodes capaces de facer...
E por último, podedes escribir nun folio todas as palabras que formastes.
Non vos esquezades de sacar fotos do proceso e mandarmas por email!!
Unha morea de bicos!!
A profe Marina.
😘😘❤💕
E VELAQUÍ OS VOSOS TRABALLIÑOS!!
HOXE ERA UN CHISCO DIFÍCIL!!
ASÍ QUE PARABÉNS!!
SODES UNHAS CAMPIONAS E UNS CAMPIÓNS!
SEGUIDE PRACTICANDO...
ADEMÁIS DE QUE NOS SERVE PARA REPASAR MOITAS COUSIÑAS!!
QUE VOS PARECE SE XOGADES EN FAMILIA?
O QUE TEDES QUE FACER É O SEGUINTE:
-PRIMEIRO TEMOS QUE FABRICAR OS NOSOS CARTIÑOS. PODEDES IMPRIMILOS, OU MOITO MELLOR, DEBUXALOS E RECORTALOS!!
FACEMOS MOEDAS DE 1€, 2€ E BILLETES DE 5€.
QUE FORMA TEÑEN? NON VOS ESQUEZADES DE ESCRIBIR O NÚMERO CORRESPONDENTE EN CADA UNHA DELAS PARA SABER O QUE VALEN!!
- UNHA VEZ TEMOS OS CARTOS, ELEXIMOS AS COUSIÑAS QUE QUEREMOS VENDER. PODEN SER ALIMENTOS, CONTOS, XOGUETES... O QUE MÁIS VOS GUSTE! PENSAMOS UN PREZO (ENTRE 1 E 10, PARA QUE VOS SEXA MÁIS SINXELO) E FACEMOS AS ETIQUETAS DE CADA COUSIÑA.
- AGORA COLOCAMOS TODO NUNHA MESA,... E A XOGAR!!!
REPARTIMOS OS CARTOS E XOGAMOS A COMPRAR E A VENDER!!
QUE PODEMOS COMPRAR COS CARTOS QUE TEMOS? SOBRAME ALGO?
CHÉGAME PARA COMPRAR DÚAS COUSAS OU MÁIS? CANTO ME FALTARÍA?
SE QUEREMOS AFORRAR PARA O NOSO PORQUIÑO, QUE COMPRAMOS PARA QUE NOS SOBREN CARTOS??
PODEDES SER VENDEDORES E VENDEDORAS OU TAMÉN IR COMPRAR!!
É UNHA FORMA MOI DIVERTIDA DE REPASAR OS NÚMEROS, AS FORMAS, SUMAR, RESTAR...!!
ESPERO AS FOTIÑOS DAS VOSAS TENDAS!!!
DÉIXOVOS ESTA CANCIÓN DO MERCADO QUE TANTO VOS GUSTA!!
QUE TEÑADES UN DÍA MOI FELIZ!!!
BICOS ENORMES DA PROFE SAMAI!!!💖💖
XA EMPEZAN A CHEGAR AS VOSAS TENDAS!! NORABOA!!
ENCÁNTAME VERVOS DISFRUTAR DESTE TEMPO EN FAMILIA!!