xoves, 28 de xaneiro de 2021

Xogamos ás carreiras!!!


 Hoxe no cole pasámolo xenial xogando ás carreiras de animais...

O primeiro de todo foi a montaxe da pista...


 Despois tiñabamos que elexir un animal para competir...




Logo de colocar os animais na casilla de saída o que ao tirar o dado sacaba a puntuación máis alta era o que saía en primeiro lugar...

E por turnos ían tirando o dado e avanzando co seu animal elexido tantas casillas como indicaba o mesmo...


 


Que divertido é aprender xogando!!!
Senón que llo pregunten aos campións!!
😉😉😉

Perder xa non o é tanto...

😅😅😅😅😅😅😅





martes, 26 de xaneiro de 2021

Facemos un collage con arroz

 SABÍAS QUE...?

EN CHINA COMEN CON PALILLOS E LLES ENCANTA O ARROZ...

 





 
😜😜😜😜


venres, 22 de xaneiro de 2021

Letras chinas!!

 Hoxe aprendemos a saudarnos en chino e ata nos atrevemos a escribilo coas letras chinas...

Botade unha ollada a ver que vos parece!!

😉😉😉



 

Leite na escola!

 


 Esta semana as nosas merendas foron un pouco máis sas, se cabe, xa que o noso cole participa no programa do FOGGA para ofrecer leite e froita gratuíta na escola. Por suposto, en todo momento se respectaron os protocolos Covid e o leite só foi manipulado polo alumnado e profesorado titor.


 

sábado, 16 de xaneiro de 2021

Unhas árbores enanas

 HOLA A TOD@S!!

ESTE TRIMESTRE DA MAN DA RAÍÑA TROTAMUNDOS CHEGAMOS A CHINA...

INVESTIGANDO APRENDEMOS QUE OS BONSAIS SON UNHAS ÁRBORES ENANAS DE ORIXE CHINA QUE SE CULTIVAN NUNHA MACETA.

E MARA TROUXO PARA O NOSO RECANTO DE CHINA UNHA DE VERDADE QUE IMOS COIDAR MOITÍSIMO ENTRE TODOS E TODAS!!



E CO CREATIVOS E CREATIVAS QUE SOMOS NON NOS RESISTIMOS A  DEBUXAR UNHA...

 E VELAQUÍ OS RESULTADO...

 GÚSTANVOS?? 

😉😉😉😉






martes, 22 de decembro de 2020

Visita virtual sorpresa!!!



Hoxe Berna, o pai de Fátima,  acompañounos neste día de FESTAAAAA!!

Grazas Berna por compartir conosco o teu ARTE...

Quedamos encantados!!!

😍😍😍😍😍😍 

E en agradecemento ... cantámoslle esta panxoliña!!!! 


BO NADAL A TOD@S!!!


 



domingo, 20 de decembro de 2020

NADAL NA CLASE DE 3 ANOS

CHEGOU DECEMBRO E CON EL A NOSA FESTA FAVORITA DO ANO:

O NADAL🎅🎄🎉

O PRIMEIRO DÍA, CHEGOU Á NOSA AULA UN CALENDARIO DE ADVENTO. 

QUE SERÁ ISO?


ANALIZÁMOLO MOI ATENTAMENTE PARA SABER DE QUE SE TRATABA E DESCUBRIMOS QUE DURANTE TODO O MES DE DECEMBRO, O ELFO DE PAPÁ NOEL NOS IRÍA DEIXANDO CADA DÍA UNHA TAREFA PARA FACER NA CLASE. NAVIDEÑA POR SUPOSTO!!

ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA!! 
CADA DÍA O ENCARGADO OU ENCARGADA BUSCABA NO CALENDARIO O QUE TÍÑAMOS QUE FACER:


E TRABALLAMOS MOITÍSIMO PARA QUE O ELFO, QUE NOS OBSERVABA ATENTAMENTE, QUEDASE ENCANTADO COAS NOSAS TAREFAS!!

NESTA CLASE SOMOS MOI ARTISTAS, ASÍ QUE FIXEMOS MOITÍSIMAS MANUALIDADES!

VIMOS UNHA CURTAMETRAXE DE OLAF E DECORAMOS O BONECO



DECORAMOS A PORTA ESTAMPANDO AS NOSAS MANS E PUXÉMOSLLE BOLIÑAS E ESTRELAS CON MOREAS E MOREAS DE "BRILLI BRILLI"





UNHA DAS NOSAS COUSAS FAVORITAS É MANCHARNOS!! 
MANCHARNOS MOITO!
🎄🎄🎄
APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE A FESTA!
 XOGAMOS COAS LETRAS DOS NOMES DOS REIS MAGOS, PAPÁ NOEL... 
DECORAMOS ÁRBORES DE NADAL CON PLASTILINA, TRABALLAMOS A LÓXICO MATEMÁTICA POÑENDOLLE BOLIÑAS Á ÁRBORE...






LEMOS CONTOS, VIMOS VÍDEOS E CURTOS SOBRE A FESTA, 
TAMÉN CANTAMOS E BAILAMOS PANXOLIÑAS DE NADAL! 
A NOSA FAVORITA É A DE RODOLFO O RENO, FACÉMOLO DE MARAVILLA!!

MIRADE QUE ARTISTAS!!

E O MELLOR DE TODO, ATA CHEGOU A NEVE A PONTESAMPAIO!!
⛄⛄⛄
PERO PARA ISO, TEREDES QUE ESPERAR Á PRÓXIMA ENTRADA!
PASÁMOLO EN GRANDE!!!

UNHA APERTA XIGANTE E FELICES FESTAS FAMILIAS!!!




































venres, 4 de decembro de 2020

Máscaras Africanas

 Esta semana a partires da lectura do conto:

 "A máscara do león"

Quixemos investigar sobre a importancia das máscaras en África... e non nos resistimos a elaborar unha coas nosas manciñas para asustar aos nosos pais e nais ...

 










Decoración de Nadal🌲🌲

 Hoxe comezamos coa decoración de Nadal...

🎅🎅🎅🎅🎅

Gústavos a nosa porta da aula???

A nós ecántanos!!! 

 🙃🙂🙃🙂😉🙃🙂😉







LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...