sábado, 9 de outubro de 2021

A voltas co volcán

NA CLASE DE 5 ANOS FOI CHEGAR A NOTICIA DA ERUPCIÓN NA ILLA DA PALMA E XA NON HOUBO VOLTA ATRÁS...

 TIÑAMOS QUE FACER UN VOLCÁN NA CLASE.

PESCUDAMOS INFORMACIÓN SOBRE OS VOLCÁNS, MIRAMOS  VÍDEOS, FOMOS Á BIBLIOTECA A BUSCAR LIBROS, TROUXEMOS PEDRAS DA CASA, BICARBONATO,...

COMEZAMOS FACENDO BOLAS DE PERIÓDICO PARA O CONO DO VOLCÁN PARA POÑER AO REDOR DUN VASO DE PLÁSTICO.

PEGÁMOSLLE PAPEIS POR RIBA CON MOITÍSIMA COLA BRANCA PARA FORNECELO.

FIXEMOS BOLIÑAS PEQUERRECHIÑAS DE PLASTILINA PARA “PINTAR” DE COR VERDE E AZUL O PÉ DO VOLCÁN.
 HAI QUE PREMER MOI FORTE COS DEDOS E ESTIRAR CON FORZA, QUEDARON QUENTIÑOS DE TANTO PREMER.

INVITAMOS ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS INFANTIL A VIR CON NÓS A VER A ERUPCIÓN DO VOLCÁN NO PATIO.

NAMENTRES ESPERABAMOS QUE ESCAMPARA DEBUXAMOS UNHA MOREA DE VOLCÁNS

VAI ARTISTAS!!


POR FIN PUIDEMOS“ERUPCIONAR” O VOLCÁN QUE FIXEMOS E CO QUE ENREDAMOS TANTO TEMPO.

PASÁMOLO XENIAL!!!
BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODOS E TODAS VÓS
💙💓💚💕💜💖💛 💗


venres, 8 de outubro de 2021

Enredando coas follas!!

Esta semana saímos ao patio para observar os cambios que se produciron coa chegada do outono...

E mesmo creamos as nosas propias obras en plena natureza utilizando os materiais que atopamos: follas, landras, ourizos, pedras, paus...

       A LAND ART MOLA...!! 

😍😍😍😍




venres, 1 de outubro de 2021

Un dragón con chispa!!

 A profe Marina contounos un conto dun dragón que non botaba lume pola boca nin sequera unha chispiña...

E despois todos queríamos ter un dragón 🐉coma o do conto...

Así que despois de pensar moito como facelo tivemos unha gran idea!!!💡 

E utilizamos material de refugallo!!!


 

Queredes saber como o fixemos?

Primeiro pintamos o tubo de papel hixiénico da nosa cor preferida...

 

 

Logo cortamos tiras de papel de seda de diferentes cores para pegalas e facer o lume e lle pegamos con silicona os ollos e o nariz

 

 E a soprar!!!
 


 

GÚSTAVOS??😉😉😉😉😉
 
 


venres, 17 de setembro de 2021

Volta ao cole!!

Os peques de 3 anos comezamos a escola con moitas gañas e moitísima ilusión...

Así da gusto!!

😉😉😉

 

 


 

Estes días durante o período de adaptación coñecemos a nosa mestra Marina e aos outros mestres e mestras, aos compañeiros e compañeiras, xogamos moitísimo, cantamos, bailamos, contamos contos ... 

Gustounos moitísimo o do Polo Pepe e ata nos animamos a pintalo con pintura de dedos, mesmo tivemos a oportunidade de facer maxia mesturando as cores para pintarlle o pico . 



E ata fixemos colares...



Botade unha ollada, menudos artistas!!

 




O cole de maiores MOOOOLA!!



 

 

 

 


 

 

 

 


martes, 22 de xuño de 2021

Festa da pizza

 Hoxe foi un día moi emotivo de despedidas... 

E para despedir o curso nada mellor que facelo comendo pizza 🍕😋


 Estaba riquísima!!

 Bo verán para todos e todas!!

💕💕💕💕💕💕💕💕

luns, 21 de xuño de 2021

Un día especial


 Hoxe no cole celebramos o cumple de Breogán

 Parabéns Breogán!!


Pero isto non foi todo ... 

 Tivemos a sorte de asistir a un contacontos, cos outros compis de infantil, titulado "A princesa Metesustos" no que a protagonista é Sabela, a irmá de Lois, que nos encantou.


Moitísimas grazas a Amencer e á familia de Lois e Sabela por contar connosco.

😍😍😍😍😍😍

 Pasámolo pipa!!


venres, 18 de xuño de 2021

Saída a illa de Medal

 


 Aproveitamos o bo tempo para facer unha saída pola nosa contorna e desfrutar da natureza...

 


Pasámolo pipa xuntos!!

😘😘😘😘



O paxaro de lume


 Estes días estivemos cos preparativos para o festival de fin de curso. Inspirándose no paxaro de lume de Stravinsky elaboramos as nosas máscaras para o baile.

Quedaronnos chulísimas!!

Botade unha ollada!!

Mirade que guapos e guapas estabamos...

👀   👀  👀  👀  👀



 



martes, 8 de xuño de 2021

Parabéns Aarón!! 🎂


 Hoxe é un día moi especial...


 

Aarón cumple 6 anos!!


 

 

 PARABÉNS AARÓN!!


 

 



venres, 4 de xuño de 2021

As nosas artistadas

As cativas e cativos de 5 anos seguímonos a inspirar en Kandinsky nas nosas artistadas...

🎨🎨🎨🎨🎨🎨

PASÁMOLO PIPA!!

 




BO FIN DE SEMANA FAMILIAS

BICOS DE FRESA 🍓 

A PROFE MARINA


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...