sábado, 4 de decembro de 2021

AS ACELGAS VERMELLAS

NO COLEXIO DE PONTE SAMPAIO TEMOS UNS BANCAIS ELEVADOS CON TERRA PARA TRABALLAR A HORTA ESCOLAR.

 
O ALUMNADO DE PRIMARIA ESTÁ APRENDENDO E COIDANDO ESTA HORTA.

NO COLEXIO, COLABORAMOS  ENTRE OS CICLOS E COMPARTIMOS MOITAS ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER CON SEGURIDADE.

ESTE XOVES TIVEMOS UNHA FANTÁSTICA SORPRESA.

 VIÑERON PARA INVITARNOS A    TRANSPLANTAR CON ELAS UNHAS ALUMNAS DA CLASE DE NOA, A IRMÁ DE HUGO,  LUCÍA E HANNA, DÚAS DAS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPARTIR CON NÓS O QUE APRENDERAN.

CUNHA RAPIDEZ SORPRENDENTE, DEIXAMOS RECOLLIDAS AS CADEIRAS, AXUSTAMOS AS MÁSCARAS, BOTAMOS O XEL E ESTABAMOS PREPARADOS PARA SEGUILAS A FÓRA.


SEGUIMOS AS SÚAS EXPLICACIÓNS CON BASTANTE ATENCIÓN. ALGUNHA DAS COUSAS QUE NOS DIXERON AÍNDA AS LEMBRABAMOS DO CURSO PASADO.

TRANSPLANTAMOS UNHAS ACELGAS VERMELLAS.

SEGUIMOS AS INDICACIÓNS QUE NOS DERON PARA RAREAR A TERRA, ABONALA, PREPARAR OS BURATOS COA SEPARACIÓN DE TRES DAS NOSAS MANS E FINALMENTE PLANTALAS.



NON ESQUECEMOS BOTARLLE UNHA POUCA AUGA.

AGORA, CADA VEZ QUE VAIAMOS VER MEDRAR AS ACELGAS, LEMBRAREMOS A ESTAS TRES FANTÁSTICAS MESTRAS POLO BEN QUE O FIXERON E O QUE NOS APRENDERON.

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS VÓS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

venres, 3 de decembro de 2021

Achégase o Nadal!!


 Achégase o Nadal e con moitísima ilusión na clase de 3 anos comezamos cos preparativos ...


 

 


mércores, 1 de decembro de 2021

A mesa de luz

 Aprender pode chegar a ser moi divertido cando o xogo é a base ... Na clase de tres anos aprendemos as formas xeométricas construíndo na mesa de luz...

Un recurso extraordinario que de súpeto captou a atención dos nosos cativos e cativas.

Botade unha ollada!!

 

 






 

 


luns, 22 de novembro de 2021

Parabéns!!

Valeria e Antón cumpliron 3 anos!!

Parabéns rapaces!!





venres, 12 de novembro de 2021

Vivan as castañas!!

HOXE NO COLE CELEBRAMOS O MAGOSTO...

PRIMEIRO FOMOS VER A JOSE COMO PREPARABA AS BRASAS PARA ASAR AS CASTAÑAS 🌰

 

LOGO CHEGOU A HORA DOS XOGOS POPULARES RESPECTANDO OS GRUPOS BURBULLA 😷😉


 


E POR FIN CHEGOU O MOMENTO DE COMER AS CASTAÑAS 🌰😋

CASTAÑAS ASADAS QUE RICAS QUE ESTÁN!!

PASÁMOLO PIPA!!
😄😄😉😉






Pío, Pío 🐣🐤🐥

Susi, a nai de Gael, trouxonos unha SORPRESA!!

UNHA INCUBADORA!!

🐣🐤🐥🐣🐤🐥🐣🐤🐥🐣🐤🐥

E SETE OVOS DE MAMÁ GALIÑA!!

 Explicounos para que servía e como se utilizaba...

 Así que con moitísima  ilusión emprendemos o noso primeiro proxecto!!

                                  😍😍😍😍🤩🤩🤩🤩🤩🤩🤩



TODOS OS DÍAS NA ASAMBLEA CONTABAMOS OS DÍAS QUE FALTABAN ... E 21 días máis tarde...
Naceron os pitiños🐣🐥🐣🐥 
QUE ILUSIÓN!!!
 
 

 

 


FOI UNHA EXPERIENCIA ÚNICA!!!
Agora nos toca coidalos e darlle moitos aloumiños...
😍😍😍😍😍


MOITÍSIMAS GRAZAS SUSI POR AXUDARNOS NESTA AVENTURA!!

😘😘😘😘😘😘

mércores, 10 de novembro de 2021

Cousiñas de Samaín

 fai uns días celebramos na escola a festa do samaín!

sen dúbida, unha das nosas festas favoritas!!

así que ademáis da celebración que fijemos en conxunto co resto do cole, na nosa clase estivemos adicándolle a atención que se merece! 

decoramos a nosa porta, fixemos xogos de samaín, contamos contos de medo, aprendemos cancións... e ata pintamos os pés!!! 

👻👻👻

botade unha ollada e mirade qué ben o pasamos!!



iso de pintar os pes foi moi divertido! a algúns facíanos moitas cóxegas!



mirade que chula nos quedou a nosa porta!!! 

as arañas non metían moito modo, pero e que decidimos que "van de boda", e non hai festa sen "brilli-brilli".

o día da celebración puxémonos terroríficamente guapxs!! 

e ademáis de disfrutar dos diferentes talleres terroríficos, sacamos moitas fotos de recordo no noso fotomatón!!






ata o próximo ano, querido samaín!!!


mércores, 20 de outubro de 2021

Ás voltas co Samaín 👻👻

 Hola amiguiños e amiguiñas!!

Achégase a festa do Samaín e no cole temos pensado celebrado por todo o alto... 

                  🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Así que terroríficamente encantados e encantadas puxémonos mans a obra cos preparativos ...

Botade unha ollada...

 Estanos quedando monstruosamente ben!!

Que opinades??



 
O DÍA DA FESTA ESTABAMOS TODAS E TODOS TERRORÍFICAMENTE GUAPOS E GUAPAS...




 




 
😉😉😉😉😉😉😉😉
 



mércores, 13 de outubro de 2021

TESOUROS DE OUTONO

 CHEGOU O OUTONO A PONTE SAMPAIO!!

E COMO NA CLASE DE 4 ANOS NOS ENCANTA SAIR A EXPLORAR, DECIDIMOS FACER UN PERCORRIDO POLO NOSO PATIO A VER SE ATOPÁBAMOS DIFERENTES TESOUROS DE OUTONO DA NOSA CONTORNA. 

COMO AGORA XA SOMOS MOI MAIORES, SAIMOS MOI PREPARADXS!! COLLEMOS AS NOSAS NOVAS CARPETAS DE INVESTIGADORES, LÁPIS E UN PAPEL PARA FACER UN REXISTRO DO QUE NOS ATOPAMOS. 




NO PATIO NON CONSEGUIMOS ATOPAR FOLLAS VERMELLAS, AÍNDA QUE HOUBO QUEN "PODÍA IMAXINALAS" 😆
 O OUTRO DÍA FERNANDO SORPRENDEUNOS TRAENDO UNHA BOLSIÑA DELAS QUE ATOPOU PASEANDO COA SÚA FAMILIA NO PARQUE. 🍁🍁🍂🍂🍁🍂
 QUE MÁIS TESOUROS FERMOSOS DE OUTONO TEMOS POLA NOSA CONTORNA?
XA SABEDES QUE PODEDES MANDARNOS Á NOSA AULA TODOS AQUELES QUE ATOPEDES!

MENTRES, NOS SEGUIMOS EXPLORANDO ESTA FERMOSA ESTACIÓN: AS SÚAS CORES, PAISAXES, ...
E XA TEMOS PLANEADA ALGUNHA QUE OUTRA ARTISTADA CUNHAS FOLLAS QUE RECOLECTAMOS!!!



UN SAÚDO FAMILIAS! E MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...