domingo, 6 de marzo de 2022

Alá foi a sardiña!!

REMATAMOS O ENTROIDO, COMO É TRADICIÓN NO COLEXIO, CO ENTERRO DA SARDIÑA.

NON É UNHA SARDIÑA CALQUERA, ESTA FIXÉMOLA COLABORANDO TODO O ALUMNADO DAS CLASES DE INFANTIL.


 PINTÁMOLA DE MOITAS CORES NAS AULAS POR QUENDAS.

O VENRES VIÑEMOS DE LOITO PARA ACUDIR AO SEU PASAMENTO.

LEVÁMOLA EN PROCESIÓN ATA O SALGUEIRO CHORÓN DO PATIO, CHORANDO OS SETE CHORARES.

O MELLOR DE TODO É QUE A SARDIÑA É UNHA PIÑATA QUE LEVA UN TESOURO NAS TRIPAS.

ASÍ QUE VAREÁMOLA BEN PARA ACADAR CADANSEU AGASALLO.

AGORA TOCA TOMAR AS LAMBONADAS SEN COIDANDO NO CISCAR OS ENVOLTORIOS POR AÍ


AI, POBRE SARDIÑA!!!  O PRÓXIMO ANO MÁIS


BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

venres, 25 de febreiro de 2022

Imos de entroido!!

 Desexosos estabamos de que chegara o entroido, dende que fai uns días veu Pedro Brandariz contarnos uns contos...

 

Un día fomos ao cole en pixama nada máis saír da cama...


 E por fin chegou o día sinalado e fomos todos ao cole disfrazados...


Neste trimestre os peixes estamos a investigar e  Carme, de Serea dos ríos, quíxose disfrazar!!


Nesta festa moi ben o pasamos que ata corremos detrás do galo 🐔


xoves, 24 de febreiro de 2022

Artellando con Rosalía

NA CLASE DE 5 ANOS FALAMOS DE ROSALÍA DE CASTRO.

LEMBRAMOS QUE HAI 185 ANOS DO SEU NACEMENTO

SOUBEMOS  QUE FORA O 23 DE FEBREIRO CANDO NACERA.

AS SÚAS FLORES PREFERIDAS SON OS PENSAMENTOS.

PRANTAMOS UN PENSAMENTO BLANCO NA NOSA XARDIÑEIRA.

FIXEMOS UN MURAL CO SEU NOME E APELIDO

TRABALLAMOS COAS LETRAS DO SEU NOME.

DECORAMOS UNHAS CAROUTAS COLOREANDO 

 

 A SÚA FACIANA  COAS LETRAS QUE LEVA O SEU NOME.

O RESULTADO QUEDOU XENIAL, 

A QUE SI?

LOGO LEVÁMOLAS AO PATIO PARA ESCOITAR COMO LÍAN 

OS POEMAS CIBRÁN COA SÚA NAI E AS OUTRAS FAMILIAS.

TAMÉN VEU EREA, A IRMÁ PEQUENA DE CIBRÁN

E  OUTRAS  NAIS.

XOGAMOS UN RATIÑO FÓRA

PASÁMOLO XENIAL!

GÚSTANOS MOITO QUE POIDAN VIR AS NOSAS FAMILIAS.

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS VÓS

💙💓💚💕💜💖💛 💗 

Sementando pensamentos!!

 Para conmemorar a Rosalía de Castro plantamos pensamentos, a flor preferida desta escritora galega...


 E como somos uns artistas 🎨 mesmo quixemos pintala como Andy Warhol ao estilo pop art...


 

E PARA REMATAR ESTA HOMENAXE VIÑERON AS FAMILIAS RECITARNOS ALGÚNS VERSOS...
 

Moitísimas grazas por vir!!





 


xoves, 17 de febreiro de 2022

Montamos o acuario

Como xa sabedes, durante este segundo trimestre, os cativos e cativas de tres e cinco anos, estamos a desenvolver conxuntamente un proxecto sobre os peixes.  Polo que para aprender moito decidimos que o mellor sería montar un acuario para poder observalos e participar no seu coidado...

 E por fin chegou o día e veu Juan, o tío de Nina, que ten unha tenda de mascotas a axudarnos!!

 

BOTAMOS A AREA E COLOCÁMOLA BEN...

SEGUNDO
 BOTAMOS A AUGA...
 
TERCEIRO
COLOCAMOS  PLANTAS NATURAIS

E botámoslle pedriñas de cores...


E por último o máis importante...
OS PEIXES!!
 
 
GÚSTAVOS?? 

MOITÍSIMAS GRAZAS JUAN POR AXUDARNOS NESTA NOVA AVENTURA
😍😍😍😍




martes, 15 de febreiro de 2022

Saída ao mercado

Os cativos e cativas de tres anos, cumprindo coas medidas de seguridade pola Covid, disfrutaron moito da súa primeira saída escolar...

Nesta ocasión achegámonos xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 5 anos ata a Praza de Abastos de Pontevedra para investigar sobre os peixes, proxecto que estamos a desenvolver de xeito conxunto neste segundo trimestre, pero descubrimos que no mercado non só venden peixe e ata nos contaron un conto.

Foi moi divertido!!!

 









 


venres, 4 de febreiro de 2022

Pon a proba os teus sentidos

 Hoxe no cole levamos a cabo un xogo moi divertido que consistía en adiviñar a través dos sentidos, principalmente o tacto, de que encheran os globos os nosos compañeiros e compañeiras de infantil: fariña, arroz, bólas, fabas...

Foi moi divertido!!




mércores, 2 de febreiro de 2022

OS VERDADEIROS PROTAGONISTAS


xa sabedes que neste cole o noso alumnado son os verdadeiros protagonistas da sua aprendizaxe, polo que é fundamental ter en conta os seus intereses, gustos, opinións... á hora de organizar o noso traballo.

quedounos sen compartir por aquí un vídeo que gravamos ao comezo deste curso na aula de 4 anos e que compartimos coas familias na reunión inicial.

nel pregunteilles que esperaban este ano do cole e estas foron as súas respostas: 


polo momento xa cumplimos algúns destes desexos e estamos a piques de adentrarnos na nosa próxima aventura...

adiviñades de que se pode tratar...?

🐈 🐄 🐕 🐓 🐖 🐢 🐇


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...