APROVEITANDO QUE ESTE TRIMESTRE ESTAMOS INVESTIGANDO OS PEIXES, ATOPAMOS UNHA OBRA DE JOAN MIRÓ QUE SE TITULA O PEIXE CANTANDO.
PRIMEIRO PRESENTAMOS A OBRA E A OBSERVAMOS
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
APROVEITANDO QUE ESTE TRIMESTRE ESTAMOS INVESTIGANDO OS PEIXES, ATOPAMOS UNHA OBRA DE JOAN MIRÓ QUE SE TITULA O PEIXE CANTANDO.
PRIMEIRO PRESENTAMOS A OBRA E A OBSERVAMOS
COMEZAMOS O MES DE ABRIL CON MOITAS GAÑAS E CUNHA SAÍDA DE TODO O ALUMNADO DE INFANTIL AO ACUARIO DO GROVE.
🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟
VIAXAMOS EN AUTOBÚS, NA PORTA DE ENTRADA HABÍA UN TIBURÓN COA BOCA ABERTA.
MIRAMOS PEIXES DE TODOS OS TAMAÑOS E COMPROBAMOS MOITAS DAS COUSAS QUE SABIAMOS.
TOCAMOS UNS OURIZOS CON COIDADO PARA NON PICARNOS
HABÍA MOREAS DE
ESTRELAS DE MAR E PUIDEMOS TOCAR UNHA.
VIMOS UN PEPINO DE MAR, PEIXES PAIASOS COMO NEMO,
ANÉMONAS, PEIXES COMO DORY, CONGROS,...E TAMÉN HABÍA UN PEIXE GLOBO QUE RECOÑECEU LEO
SEN ESTAR INCHADO!!
ENTRAMOS DENTRO DUNHA BURBULLA DE CRISTAL
SEMELLABA ESTAR DENTRO DA AUGA
CON QUENLLAS, RAIAS, MEROS
E MOOOOITOS OUTROS PEIXES.
ACABAMOS BALDADOS E MERENDAMOS DENTRO DO ACUARIO, PERO NO
PARQUE PARA PODER XOGAR DESPOIS.
PASÁMOLO BÁRBARO!
Á VOLTA NO BUS HOUBO QUEN QUEDOU A DURMIR.
💤💤💤💤💤💤💤💤💤
DÉRONNOS UNHA INVITACIÓN PARA PODER IR OUTRA VEZ COA
FAMILIA
💙💓💚💕💜💖💛 💗
Parabéns para ti, nesta data querida, moita felicidade, moitos anos de vida ... 🎼
Carme cumple 4 anos e no cole celebrámolo como é debido, con moita troula!!
Seguindo a costume de anos anteriores, hoxe comezamos co reparto de froita na escola de xeito que cada semana adicarémola a unha froita, co gallo de concienciar aos cativos e cativas da súa importancia e das súas propiedades.
Comezamos coa semana das laranxas e das mandarinas...
Cada semana os nenos e nenas investigarán sobre a froita correspondente e irán elaborando entre todos e todas o libro das froitas.
Hoxe é o día do número Pi e viñemos todos e todas guapísimos para a ocasión cos nosos sombreiros de PI...
Realizamos moitas actividades de lóxico-matemática superdivertidas...
Primeiro fixemos a cidade de PI con bloques lóxicos...
Logo de xeito individual fixemos a cidade de PI cos pinchitos de cores:
E como non se pode celebrar unha festa sen pastel...
Para merendar os compañeiros e compañeiras da clase de 4° de Primaria trouxéronnos uns pasteliños do número Pi que estaban riquísimos!!! 😜🤪😜😝😛😋
E xa para rematar...
Decoramos o número Pi con moitas cores e números...
Mirade que chulada!!
NON É UNHA SARDIÑA CALQUERA, ESTA FIXÉMOLA COLABORANDO TODO O ALUMNADO DAS CLASES DE INFANTIL.
O VENRES VIÑEMOS DE LOITO PARA ACUDIR AO SEU
PASAMENTO.
LEVÁMOLA EN PROCESIÓN ATA O SALGUEIRO CHORÓN DO PATIO,
CHORANDO OS SETE CHORARES.
AGORA TOCA TOMAR AS LAMBONADAS SEN COIDANDO NO CISCAR OS ENVOLTORIOS POR AÍ

AI, POBRE SARDIÑA!!! O PRÓXIMO ANO MÁIS
💙💓💚💕💜💖💛 💗