mércores, 22 de xuño de 2022

Festa Medieval

 Despedimos o curso como é debido ...

CON MOITA TROULA!!

Viñemos todos guapísimos e guapísimas para a ocasión...

Botade unha ollada!!

E logo de moito xogar e bailar ...
Comemos pizza🍕 
😋😋😋😋

BO VERÁN!!
VÉMONOS EN SETEMBRO 
😘😘😘😘😘😘


martes, 21 de xuño de 2022

Excursión de fin de curso

 Todo o cole fomos de excursión ao Grove, a pesares de que o tempo non acompañou, pasámolo en grande!!

Ao chegar a illa da Toxa fomos a aldea Grobit alí merendamos para repoñer forzas, xogamos e vimos os burros: Emilia, Pardo e Bazán.




E fomos no tren turístico...

Algún mesmo aproveitou para botar unha cabezadiña...
 
 
Logo subimos ata o mirador da Sidarella para comer...

 Ao rematar collemos o catamarán para dar un paseiño e ver o fondo marino!!


Unha viaxe xenial!!
😍😍😍😍😍



sábado, 18 de xuño de 2022

Científic@s por un día!!

 Os nenos e nenas de 3 anos pasamos unha xornada científica estupenda da man do alumnado de 5° de Primaria que veu facernos algúns experimentos.🧪🧫 

INFLARON UN GLOBO SEN SOPRAR

A LÁMPADA DE LAVA

ESCUMA MÁXICA

TINTA INVISIBLE

PARABÉNS AESTES PEQUENOS CIENTÍFICOS!!
😉😉😉😉😉



venres, 17 de xuño de 2022

Visita sorpresa!!


 Hoxe tivemos unha visita moi especial na aula de 3 anos...

Patricia, a nai de Carme, veu pasar un ratiño connosco...

Á volta do recreo fixemos ioga, ensinounos moitas posturas: o cangrexo, a quenlla, a estreliña de mar...


 

E logo fixemos un peixe lanterna que se iluminaba de verdade.


 

Encantounos!!

😍😍😍😍

 Moitas grazas por vir, volve cando queiras...

PASÁMOLO PIPA!!




martes, 7 de xuño de 2022

Parabéns!!

 Manuel e Gael cumplen 4 anos!!

Como pasa o tempo!!

Moitos parabéns!!

🥳🥳🥳🥳🥳🥳




 

🎊🎊🎊🎊

venres, 29 de abril de 2022

A festa dos Maios

 Hoxe no cole celebramos a festa dos Maios. Todo o alumnado, maiores e cativos, colaboramos  na súa elaboración.


 

Aos de infantil tocounos facer cadenetas de margaridas amarelas, pasámolo pipa...


 

Botade unha ollada!! 👀👀👀👀👀




 


luns, 25 de abril de 2022

As familias tamén contan

Coincidindo que o sábado 23 de abril foi o Día do libro. Dende o equipo de dinamización da biblioteca do centro púxose en marcha a iniciativa de convidar ás familias a vir a contarnos un conto porque neste cole AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN. 



 

A nai de Carme, como non podía vir á aula, quixo compartir connosco un vídeo no que ela e a súa filla Carme nos contan o conto do monstro de cores.

 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.ENCANTOUNOS!! 😍

SE ALGUÉN MÁIS SE ANIMA QUE FALE COA MESTRA MARINA.

 😉😉😉😉😉

 



mércores, 20 de abril de 2022

Os vermes da seda

 Durante este terceiro trimestre do curso, imos levar a cabo un proxecto sobre os vermes da seda ...

🐛🐛🐛🐛🐛🐛 


 

 Á VOLTA DAS VACACIÓNS ESTABAN ENORMES...



ENCÁNTANOS OBSERVALOS E PARTICIPAR NO SEU COIDADO E LIMPEZA!!


E SEGUEN MEDRANDO...


 

A  VER SE É CERTO QUE SE CONVERTEN EN BOLBORETAS!!

🦋🦋🦋🦋🦋🦋🦋🦋🦋

OBSERVAMOS COAS LUPAS VERMES NAS DIFERENTES FASES PARA COMPARAR O SEU TAMAÑO E INVESTIGAR SOBRE AS PARTES DO SEU CORPO...



 
 
PARECE QUE IMOS POLO BO CAMIÑO!!
👏👏👏👏👏
OS NOSOS VERMIÑOS COMEZAN A FACER O SEU CAPULLO...
AGORA SÓ QUEDA ESPERAR A QUE SE CONVERTAN EN BOLBORETAS
🐛🦋🐛🦋🐛🦋🐛🦋🐛🦋




martes, 19 de abril de 2022

Parabéns André!!

 Á volta das vacacións celebramos o aniversario de André que cumple 4 anos...




mércores, 13 de abril de 2022

"O QUE NON SE VE"

 AO LONGO DESTE TRIMESTRE, NA CLASE DE 4 ANOS ESTIVEMOS INVESTIGANDO E APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE "AS NOSAS MASCOTAS" 

(TAMÉN INCLUÍMOS OS CABALOS, VACAS, GALIÑAS, COELLOS E PORCOS, XA QUE AO FINAL SON ANIMALES DA CASA). 

PERO ADEMÁIS DISTO, LEVAMOS AO CABO AO LONGO DO MESMO DIFERENTES ACTIVIDADES MANIPULATIVAS NAS QUE EXPERIMENTAMOS CON DIFERENTES MATERIAIS E QUE FAVORECEN EN GRAN MEDIDA O DESENVOLVEMENTO DOS NENOS E NENAS. SEN NINGUNHA DÚBIDA, SON AS ACTIVIDADES QUE MÁIS DISFRUTAMOS NO NOSO DÍA A DÍA!

VELAQUÍ UNHA PEQUENA RECOMPILACIÓN "DO QUE NON SE VE".











ESTAMOS DESEXANDO SEGUIR APRENDENDO E DISFRUTANDO NO DERRADEIRO TRIMESTRE DESTE CURSO!!

O TEMPO VOA!!!! 

FELICES VACACIÓNS A TODAS E TODOS!!! BICOS XIGANTES!!

💜💛💚💙


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...