xoves, 16 de marzo de 2023

Celebramos o Día de PI

 Esta semana os cativos e cativas de 4 anos, co gallo da celebración do Día de Pi, o 14 de marzo, levamos a cabo diferentes propostas didácticas a modo de xogo, tanto para traballar aspectos relacionados coa lóxica-matemática senón tamén coa lectoescritura...

O primeiro foi o xogo de PI ESTÁ AQUÍ, que consistía en buscar a Pi polo centro...


 O seguinte foi o de colorear un verme seguindo un código no que tiñabamos que asociar cada número cunha cor.

Noutro xogo tiñabamos que pensar entre tod@s palabras nas que comezaran por PI e escribilas para decorar o número Pi.




 E outro dos xogos consistía en construir a cidade de PI nun diagrama de barras.

 


Como vedes e nunca mellor dito, pasámolo Piiiiiiiiiipa!! 

 🤩🤩🤩🤩🤩



mércores, 8 de marzo de 2023

8 M!


 


 Hoxe para conmemorar o Día da Muller na asemblea falamos sobre o que queremos ser de maiores: bombeira, inventora, policía... así decatámonos que non hai profesións para nenos e nenas. 

Logo falamos da Muller máis importante da nosa vida e saíron: nais, avoas, tías...

Con moito agarimo fixemos unha fror para a muller máis importante da nosa vida...

 Feliz 8M!




 

 

 


luns, 27 de febreiro de 2023

CUMPLE-SARDIÑA DE FEBREIRO

SARDINIÑA, SARDINIÑA!!

OUTRO ANO MÁIS QUE NON CHEGA A VELLA.

CO BONITIÑA QUE A DEIXASTES,

E COMO A DEIXAMOS...

😭😭😭😭😭

 ALÁ SE NOS FOI OUTRO ANO MÁIS O

 ENTROIDO 

CO PASAMENTO DA NOSA SARDIÑA. 

💜💜💜💜💜💜

DESPOIS DE COLOREALA

 CON TANTÍSIMO COIDADO E AGARIMO,

😪😪😪😪😪😪

ESCAMIÑA A A ESCAMIÑA,
 COIDANDO NON SAÍR POR FÓRA DELAS...

CON CERAS E  PINTANDO CON TÉMPERAS DE CORES PASENIÑO.

 

VIMOS AO COLEXIO DE LOITO RIGOROSO POR ELA.
 PINCO  TAMÉN.

 ACOMPAÑÁMOLA ATA O FINAL, LEVAMOS O SEU CADALEITO NUN DESFILE NO QUE HOUBO QUE


 CAMBIAR AS PERSONIÑAS QUE O PORTABAN PARA NON PERDER AS FORZAS.

 CHORAR, CHORARON OS SETE CHORARES,

 SALOUCARON POR ELA CON TODAS.

COMO CORTARON O SALGUEIRO CHORÓN, 

NON PODEREMOS COLGALA NUNCA MÁIS

 DAS SÚAS PÓLAS.

😥😥😥😥😥😥😥😥😥😥😥😥

 AGORA TEREMOS QUE COLGAR A PIÑATA 

NO CUBERTO DO PATIO,

   DESTRIPÁMOLA   SEN   DOLOR...   

 VAREADAS  LEVOU  POR  TODOS  OS  LADOS.

"OLLADE  QUE  PANORAMA"

INVITAMOS VIR AO PASAMENTO Á CLASE DE PRIMEIRO DE PRIMARIA.
 COMO TAMÉN ERA A FESTA DE ANIVERSARIOS DE FEBREIRO, OS ENCARGADOS DE DARLLE
 O VARAZO FINAL DÉRONLLO 
MATÍAS e SILVE
 TOCOU COLLER OS PAQUETES DE GUSANITOS, QUE LEVABA A SARDIÑA DENTRO DO SEU BANDULLO,
 PARA TOMAR DESPOIS DA TARTA DE ANIVERSARIO. 

SOPLARON CADANSÚA VELA OS HOMENAXEADOS

MATÍAS XA TEN 4 ANOS, 

LEVOU PARA CASA O LUNS 27 UN CADRO

 FEITO NA CLASE ENTRE TODOS E TODAS.

 SILVE  XA CUMPRIU 6 ANOS.

QUE FORMALIÑOS PARECEN...

PARABÉNS PARA 
🎁🎁🎁🎁🎁MATÍAS   e    SILVE.🎁🎁🎁🎁🎁
BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

venres, 17 de febreiro de 2023

Viva o entroido!!

 Logo de toda a semana seguindo as pincomandas, chegou o día grande e os cativos e cativas de infantil xunto coas súas mestras disfrazámonos de  ABELLAS grazas a axuda das familias na confección dos disfraces...

Mirade o ben que o pasamos na festa do entroido!!











 
Sen lugar a dúbidas o que máis nos gustou foi correr detrás do noso galo "Cantarico" para quitarlle as plumas...


Desfrutade moito das vacacións de entroido e recordade que o venres , temos o enterro da sardiña, así que vinde de loito!!


martes, 7 de febreiro de 2023

ANIVERSARIOS XANEIRO

 COMEZAMOS HAI NADA ESTE NOVO ANO

 E

 XA ESTAMOS CELEBRANDO OS ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO.

  BENITO  E YAIZA

CUMPRIRON 4 ANOS 

QUE GRUPO MÁIS FEITIÑO!
 SOPLARON CON TODAS AS VELAS DAS TORTAS!!
🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂
CUMPRIRON 6 ANOS 
EMMA  E FERNANDO 
 MENUDOS FOLGOS QUE TIÑAN!!
🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂
CONTINUAMOS A FESTA PAPANDO AS TORTAS E OS GUSANITOS.
  QUE BEN NOS PORTAMOS!!
PARABÉNS PARA 
🎁🎁🎁BENITO, YAIZA, NINA, EMMA e FERNANDO🎁🎁🎁

🎁🎁🎁🎁🎁

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...