venres, 20 de setembro de 2024

A miña letra

 OS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS INÍCIANSE NO MUNDO DAS LETRAS PARTINDO DE ALGO TAN SIGNIFICATIVO COMO O SEU NOME.

INVESTIGAMOS CAL E A LETRA INICIAL DO NOME DE CADA NENO/A, DA MESTRA, CAL E O SEU SON, BUSCAMOS A NOSA INICIAL ENTRE AS LETRAS MAGNÉTICAS, A DEBUXAMOS NA PIZARRA DIXITAL, E POR ÚLTIMO, LOGO DE REPASAR O SEU TRAZO CO DEDO NA CINTA DE CARROCEIRO, A PINTAMOS ...E AO DESPEGAR A CINTA... SORPRESA!!

BOTADE UNHA OLLADA!!








❤️🩷🧡❤️🧡🩷❤️🧡🩷

venres, 13 de setembro de 2024

Benvidos/as ao cole de maiores!

NESTES PRIMEIROS DÍAS DE CURSO, OS VERDADEIROS PROTAGONISTAS SON, SEN DÚBIDA, OS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS DA PROFE MARINA, QUE ESTÁNSE A ADAPTAR DE MARABILLA AO COLE DE MAIORES.




Nestes primeiros días...

Fixemos moitas cousiñas:

COCIÑAR, CONTAR CONTOS, XOGAR COA PLASTILINA E COAS BONECAS, SAÍMOS AO PATIO, PINTAR COAS MANS...

PASÁMOLO PIPA!!

 



domingo, 7 de abril de 2024

Parabéns!!

Celebramos os aniversarios de  Carmen e Saad que o 23 de marzo cumpriron 6 anos.

Moitos parabéns!!




venres, 16 de febreiro de 2024

Oompa-lompa

 É tempo de entroido e, os cativos e cativas de educación infantil, nesta ocasión confeccionamos na clase os nosos disfraces de OOMPA-LOMPAS inspirándonos na película de Wonka e no proxecto do chocolate que estamos a traballar nas tres aulas. 





luns, 22 de xaneiro de 2024

Chocoreceitas

 Este trimestre nas aulas de infantil imos facer un libro viaxeiro de receitas e postres con chocolate coa colaboración das familias. 

Para mostra un bombón!

Botade unha ollada.. 



 




















venres, 19 de xaneiro de 2024

Petiscos saudables

 OS CATIVOS E CATIVAS DE INFANTIL NESTE TRIMESTRE ESTAMOS LEVANDO A CABO O PROXECTO DO CHOCOLATE.

E COMO BOS LARPEIROS E LARPEIRAS QUE SOMOS NON HAI MELLOR XEITO QUE PROBÁNDOO...

HOXE PARA MERENDAR XUNTAMONOS PARA FACER BROCHETAS DE FROITA CON CHOCOLATE FUNDIDO.

ESTABAN RIQUÍSIMAS!

😋😋😋😋😋😋😋😋😋😋









xoves, 21 de decembro de 2023

É tempo de Nadal!

 Rematamos o trimestre coa celebración  dos cumples de novembro e decembro, a visita de Papa Noel e a festa de fin de ano.

Ai que ver o que nos gusta a troula!

 






FELICES FESTAS A TOD@S!!

venres, 17 de novembro de 2023

Froitos de outono

 Investigando sobre o qué comen as formigas descubrimos que son animais omnívoros, porque aliméntanse de animais e vexetais: insectos, animais mortos, cereais, doces, froitas, verduras e mesmo de froitos secos.



E aproveitando que estamos en outono e coa proximidade da celebracion do Magosto no cole, onde as protagonistas son as castañas, entrounos a curiosidade polos froitos secos e decidimos pedir a colaboración das familias para traer froitos secos ao cole e así tivemos a oportunidade de probalos, clasificalos, etiquetalos ...




 

E mesmo montamos un recuncho na aula!

Aprendemos moitísimas cousas...

O que máis nos chamou a atención foi descubrir que os cacahuetes non son froitos secos senón que son legumes da familia das lentellas e dos garavanzos...

Polo que temos unha nova misión entre mans: Plantar cacahuetes!

mércores, 15 de novembro de 2023

Unha visita moi especial...

 Hoxe tiremos unha gran sorpresa...

Visitounos o pai de Carme con Titi, o seu gatiño.

E Carme contounos moitísimas cousiñas da súa mascota.


Que ben o pasamos tanto nós coma Titi  cos nosos xoguetes...

 



venres, 3 de novembro de 2023

Aniversarios outubro

ESTE MES DE OUTUBRO CELEBRAMOS QUE
MARIO   E   JULIA 
TEÑEN UN ANO MÁIS.

MARIO  SOPROU A VELA DE  3 ANOS.

JULIA  SOPROU A VELA DOS 4 ANOS.

🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈

CELEBRÁMOLO  CUNHA FESTA NA CLASE  DE MARIO AS TRES CLASES  DE INFANTIL XUNTAS.

JULIA  RECIBIU DE AGASALLO  DA CLASE A SÚA INICIAL   DECORADA POR TOD@S.

PARABÉNS   AOS  DOUS!!

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...