martes, 15 de outubro de 2024

Crebacabezas prehistórico

 OS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS, INICIANSE NO USO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS, RESOLVENDO CREBACABEZAS NO ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO.

ENCANTOULLES!!














mércores, 25 de setembro de 2024

Mans creativas

 Partindo da lectura do conto "Un libro" de Hervet Tullet:


 

Os cativos e as cativas de 3 anos recrean o mesmo, facendo un mural cos gométs de círculos de diferentes cores, iniciándose así dun xeito lúdico na arte, as formas xeométricas e as cores ao tempo que desenvolven a súa creatividade e a psicomotricidade fina.


 


venres, 20 de setembro de 2024

A miña letra

 OS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS INÍCIANSE NO MUNDO DAS LETRAS PARTINDO DE ALGO TAN SIGNIFICATIVO COMO O SEU NOME.

INVESTIGAMOS CAL E A LETRA INICIAL DO NOME DE CADA NENO/A, DA MESTRA, CAL E O SEU SON, BUSCAMOS A NOSA INICIAL ENTRE AS LETRAS MAGNÉTICAS, A DEBUXAMOS NA PIZARRA DIXITAL, E POR ÚLTIMO, LOGO DE REPASAR O SEU TRAZO CO DEDO NA CINTA DE CARROCEIRO, A PINTAMOS ...E AO DESPEGAR A CINTA... SORPRESA!!

BOTADE UNHA OLLADA!!








❤️🩷🧡❤️🧡🩷❤️🧡🩷

venres, 13 de setembro de 2024

Benvidos/as ao cole de maiores!

NESTES PRIMEIROS DÍAS DE CURSO, OS VERDADEIROS PROTAGONISTAS SON, SEN DÚBIDA, OS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS DA PROFE MARINA, QUE ESTÁNSE A ADAPTAR DE MARABILLA AO COLE DE MAIORES.




Nestes primeiros días...

Fixemos moitas cousiñas:

COCIÑAR, CONTAR CONTOS, XOGAR COA PLASTILINA E COAS BONECAS, SAÍMOS AO PATIO, PINTAR COAS MANS...

PASÁMOLO PIPA!!

 



domingo, 7 de abril de 2024

Parabéns!!

Celebramos os aniversarios de  Carmen e Saad que o 23 de marzo cumpriron 6 anos.

Moitos parabéns!!




venres, 16 de febreiro de 2024

Oompa-lompa

 É tempo de entroido e, os cativos e cativas de educación infantil, nesta ocasión confeccionamos na clase os nosos disfraces de OOMPA-LOMPAS inspirándonos na película de Wonka e no proxecto do chocolate que estamos a traballar nas tres aulas. 





luns, 22 de xaneiro de 2024

Chocoreceitas

 Este trimestre nas aulas de infantil imos facer un libro viaxeiro de receitas e postres con chocolate coa colaboración das familias. 

Para mostra un bombón!

Botade unha ollada.. 



 




















venres, 19 de xaneiro de 2024

Petiscos saudables

 OS CATIVOS E CATIVAS DE INFANTIL NESTE TRIMESTRE ESTAMOS LEVANDO A CABO O PROXECTO DO CHOCOLATE.

E COMO BOS LARPEIROS E LARPEIRAS QUE SOMOS NON HAI MELLOR XEITO QUE PROBÁNDOO...

HOXE PARA MERENDAR XUNTAMONOS PARA FACER BROCHETAS DE FROITA CON CHOCOLATE FUNDIDO.

ESTABAN RIQUÍSIMAS!

😋😋😋😋😋😋😋😋😋😋









LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...