Hoxe ao chegar tivemos unha sorpresa...
Practicamos de xeito lúdico o trazo das nosas iniciais. Primeiro coas letras de lixa co dedo seguindo a direccionalidade correcta e logo nas tablets...
Botade unha ollada...
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Hoxe ao chegar tivemos unha sorpresa...
Practicamos de xeito lúdico o trazo das nosas iniciais. Primeiro coas letras de lixa co dedo seguindo a direccionalidade correcta e logo nas tablets...
Botade unha ollada...
Hoxe descubrimos que na prehistoria debuxaban nas paredes das covas animais que cazaban ou que querían cazar. Como non tiñan pinturas empregaban a graxa animal, terra, carbón... que mesturaban con auga.
Os cativos e cativas de 3 anos tamén quixeron recrear as pinturas rupestres empregando témpera das mesmas cores que se utilizaban na prehistoria.
E velaquí tenes o resultado!
Metidos de cheo na elaboración de colares prehistóricos con pasta branca de modelar.
Un bo xeito de traballar a motricidade fina e a creatividade.
Que vos parece?
😉😉😉
OS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS, INICIANSE NO USO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS, RESOLVENDO CREBACABEZAS NO ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO.
ENCANTOULLES!!
Partindo da lectura do conto "Un libro" de Hervet Tullet:
Os cativos e as cativas de 3 anos recrean o mesmo, facendo un mural cos gométs de círculos de diferentes cores, iniciándose así dun xeito lúdico na arte, as formas xeométricas e as cores ao tempo que desenvolven a súa creatividade e a psicomotricidade fina.
OS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS INÍCIANSE NO MUNDO DAS LETRAS PARTINDO DE ALGO TAN SIGNIFICATIVO COMO O SEU NOME.
INVESTIGAMOS CAL E A LETRA INICIAL DO NOME DE CADA NENO/A, DA MESTRA, CAL E O SEU SON, BUSCAMOS A NOSA INICIAL ENTRE AS LETRAS MAGNÉTICAS, A DEBUXAMOS NA PIZARRA DIXITAL, E POR ÚLTIMO, LOGO DE REPASAR O SEU TRAZO CO DEDO NA CINTA DE CARROCEIRO, A PINTAMOS ...E AO DESPEGAR A CINTA... SORPRESA!!
BOTADE UNHA OLLADA!!
❤️🩷🧡❤️🧡🩷❤️🧡🩷
NESTES PRIMEIROS DÍAS DE CURSO, OS VERDADEIROS PROTAGONISTAS SON, SEN DÚBIDA, OS CATIVOS E CATIVAS DE 3 ANOS DA PROFE MARINA, QUE ESTÁNSE A ADAPTAR DE MARABILLA AO COLE DE MAIORES.
Nestes primeiros días...
Fixemos moitas cousiñas:
COCIÑAR, CONTAR CONTOS, XOGAR COA PLASTILINA E COAS BONECAS, SAÍMOS AO PATIO, PINTAR COAS MANS...
PASÁMOLO PIPA!!
É tempo de entroido e, os cativos e cativas de educación infantil, nesta ocasión confeccionamos na clase os nosos disfraces de OOMPA-LOMPAS inspirándonos na película de Wonka e no proxecto do chocolate que estamos a traballar nas tres aulas.