venres, 22 de xuño de 2012

Felices vacacións

Deséxovos sinceramente que pasedes unhas moi felices vacacións con eses pequeniños tan encantadores que tedes; vémonos o 12 de setembro.
Un bico enorme e pasádeo fenomenal que volo merecedes.



Felices vacacións

Para vós con cariño unha moi bonita e entretida canción sobre o verán.

luns, 18 de xuño de 2012

Excursión á Xunqueira

Hoxe fomos de excursión á Xunqueira co resto dos nenos e nenas de infantil do noso colexio.
Pasámolo de marabilla e aprendemos un montón de cousas... pero sobre todo pasámolo moi moi ben todos xuntos xogando. Como nos gusta xogar, e máis aínda fóra do colexio.
Primeiro fomos ao parque, logo de xogar durante case dúas horas fomos recuperar enerxía ao "chiringuito" onde nos tiñan preparada unha merenda riquísima.
Despois da merenda as profes queríannos levar para o colexio pero a nós gustábanos moito estar alí así que non queríamos marchar e custoulles bastante levarnos do parque; menos mal que despois veu o "dire", Jose e José Luís a buscarnos...


Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
A presentación by Smilebox

domingo, 17 de xuño de 2012

Que biscoito máis rico

O venres a mamá de Candela, Tesi, tróuxonos un biscoito riquísimo e Candela regalounos ovos de chocolate.
A semana que Candela foi a nosa encargada os seus papás non puideron vir a visitarnos porque tiñan moitísimo traballo, e quedaron tan tristes tan tristes por non poderen vir á nosa clase que nos enviaron un agasallo para que non os botásemos moito en falta e unha carta na que nos explicaban máis polo miúdo a que se debía a súa ausencia a pesar de desexar vir pasar unhas horiñas con nós.
Encantounos o biscoito e os ovos de chocolate pero lamentamos profundamente non ter gozado da vosa compañía, así que cando poidades xa sabedes onde estamos.
Agardámosvos con impaciencia.


sábado, 16 de xuño de 2012

Ensaio para o festival

Estes días estamos inmersos na preparación das nosas actuacións para o festival de fin de curso. Estamos traballando un montón e as nosas melloras nótanse día a día, aínda que ás veces acabamos moi moi cansos e as profes tamén.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación personalized with Smilebox

venres, 15 de xuño de 2012

Aniversario de Fabiola

O día 5 de xuño a nosa compañeira Fabiola estivo de cumple (xa ten 4 anos) e festexámolo todos xuntos no colexio.
Primeiro cantámoslle varias cancións de felicitación e despois soplamos as velas e comemos unha merenda riquísima que nos trouxo a súa mamá.
O único problema que tivemos ese día é que á nosa "cumpleañera" non lle gusta nada de nada rir para as fotos, e para facela rir só un pouquiño tivemos que facerlle cóxegas.
Os noso parabéns Fabiola, agardamos que o pasases ben con nós o día do teu aniversario.


xoves, 14 de xuño de 2012

Conto

Aquí vos deixamos un conto sobre o cadro dos mirasoles de Van Gogh. Camille y Los Girasoles

Libro das mascotas

Aquí podedes ver o noso libro das mascotas.
Na elaboración deste pequeno libro participaron os papás e mamás dos nenos e nenas da nosa aula que nos abriron as portas da súa casa para ensinarnos esas mascotas ás que tanto queren e coidan as nenas e nenos da clase de 3 anos.
Moitas grazas familia pola vosa participación neste proxecto, sen vós nos sería posible facer esta clase de actividades.

mércores, 13 de xuño de 2012

A importancia do xogo "ao natural"

Aquí vos deixo unha pequena reflexión dunha gran profesional sobre a importancia do xogo para as nenas e nenos e sobre cales son os xogos que lles debemos formular na infancia.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...