Este xogo explícanos as partes do aparato respiratorio
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
luns, 29 de abril de 2013
O aparato respiratorio
Aquí vos deixamos unha pequena explicación do aparato respiratorio (é moito para os pequnenos pero as imaxes son moi clara e hai cousas que si entenden).

Este xogo explícanos as partes do aparato respiratorio
Este xogo explícanos as partes do aparato respiratorio
xoves, 25 de abril de 2013
O corazón
Hoxe o noso amigo Pablo foi ao cardiólogo e cando chegou ao colexio estívonos contando o que lle fixeran.
Gustounos tanto a súa exposición que decidimos empezar a estudiar o corazón e o sistema sanguíneo.
Aquí vos deixamos algúns xogos e algunha información sobre isto.

Aquí vos deixamos un vídeos sobre o funcionamento do corazón, é un pouco complexo na explicación, pero as imaxes son moi boas.
E tamén temos o vídeo de Érase una vez la vida:
E outro sobre o sangue:
Aquí vos deixamos un vídeos sobre o funcionamento do corazón, é un pouco complexo na explicación, pero as imaxes son moi boas.
E tamén temos o vídeo de Érase una vez la vida:
E outro sobre o sangue:
O esquelete
martes, 23 de abril de 2013
luns, 22 de abril de 2013
Cantares dende Ponte Sampaio
Aquí vos deixamos unha grabación audiovisual que fixemos no colexio para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Agardamos que vos guste, a nós gustanos moitísimo porque a fixemos no colexio entre todos os profes e nenos e nenas.
Grazas a todos, e tamén grazas aos papás e mamás por dar a súa autorización para poder facelo.

venres, 19 de abril de 2013
Brazo de Gitano
Hoxe a nosa profe estaba de cumple e tróuxonos un brazo de gitano. Nós non lle fixemos caso e dixémoslle que era mentira que iso era un pastel, non un brazo; menos mal que despois Pablo dixo que si que era un brazo de gitano que a súa avoa tamén os facía. Porque nós da profe moito moito non nos fiamos.
luns, 15 de abril de 2013
O esquelete
Esta semana imos falar do noso esquelete, así que imos empezando a traballar sobre o tema coa axuda da profe e dos nosos pais.
venres, 12 de abril de 2013
Pés descalzos
O outro día na escola estivemos xogando cos nosos pés e experimentando con eles, para andar descalzos, para falar con eles, para disfrazalos, convertelos en personaxes de conto... foi moi divertido.
Aquí vos deixamos as fotos, agardamos que vos gusten.
Aquí vos deixamos as fotos, agardamos que vos gusten.
xoves, 11 de abril de 2013
Sesión de masaxes
O mércores fixemos a nosa particular sesión de masaxes e gustounos moito.
Todos os nenos/as traballaron moi ben e preocupáronse porque a súa parella gozase o máis posible da masaxe.
Ademais vestímonos e espímonos nós sós. A iso se debe que tivésemos algúns problemiñas coa roupa despois; se alguén ten algo na súa casa que non sexa del que o traia á escola canto antes para poder devolverllo ao dono. Moitas grazas.
Por razóns evidentes non vou colgar aquí as fotos, se algún papá ou mamá está interesado en velas avisádeme e envíovolas.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.png)