martes, 13 de maio de 2014

Imos plantar

Como xa sabedes estas semaniñas estamos investigando sobre as plantas, e que mellor forma de investigar que indo plantar sementes e bulbos e traendo obxectos motivadores á clase.

Imos plantar on PhotoPeach

xoves, 8 de maio de 2014

Investigación do medio

Durante as próximas semanas imos facer unha pequena investigación do medio sobre as plantas.
Xa empezamos a facer acopio de materiais e recursos para a nosa aula (en breve ensinarémosvolos) e agora imos empezar a buscar información noutras canles que non sexa a nosa familia.
Aquí vos deixamos para ir empezando unhas pequenas presentacións sobre as cousiñas que imos aprender.



martes, 6 de maio de 2014

Visita á biblioteca de Arcade

Con motivo do día de libro os nenos/as de educación visitamos a bibliteca de Arcade.
Xa non é a primeira vez que imos pero seguenos gustando moito ir xa que ademais de gozar moito lendo os libros que alí hai, de facermos o carnet da biblioteca, de aprender cousiñas de como funcionan as bibliotecas municipais... tamén damos un bonito paseo ata chegar a ela en compañía dos nosos compañeiros/as e das profes.

...

xoves, 24 de abril de 2014

A princesa e o príncipe

Con motivo do Día do Libro e entre outras moitas actividades estivemos elaborando un conto en grupo. Aquí tedes o resultado.
Agardamos que vos guste, xa que nos dou moito traballo realizalo.

venres, 11 de abril de 2014

Felices vacacións

Agardamos que teñades todos unhas moi felices vacacións de Pascoa en compañía da vosa familia e amigos. Moitos bicos


luns, 7 de abril de 2014

A letra f e a letra h

Seguimos estudando as letras, aínda que non perdemos de vista os dinosaurios.


xoves, 27 de marzo de 2014

Documentais sobre dinosaurios

Aquí podedes ver un pequeno vídeo sobre os dinosaurios.

mércores, 26 de marzo de 2014

Xogando coas letras

Durante o tempo que dura o noso proxecto dos dinosaurios estamos traballando as distintas destrezas, habilidades, competencias... sempre tendo como punto de referencia eses "lagartos terribles".
Fixemos a pasada semana composición e descomposición de palabras coas letras de Dinosaurio e mirade cantas se nos ocorreron: diosa, Iris, Roi, Oía, río, osa, oso, Dani, dúo, si, Rosa, indio, riso, Sudán... e moitas máis.


martes, 25 de marzo de 2014

Materiais de dinos

Aquí podedes ver algunhas das cousiñas que trouxemos para o colexio sobre os dinosaurios.
A verdade é que nos quedou unha clase ben bonita.

domingo, 23 de marzo de 2014

O dinosaurio malhumorado

Aquí deixamos un pequeno conto dun dinosaurio que sempre estaba de mal humor.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...