venres, 18 de xullo de 2014

Aloumiños 2014

E como todos anos para rematar o curso aquí vos deixamos a ligazón á nosa revista escolar en PDF para que aqueles que non puidestes comprala en papel, poidades vela en formato electrónico. 
Agardamos que vos guste.


venres, 20 de xuño de 2014

Somos amigos

Agora que a sorpresa xa pasou deixámosvos aquí a presentación de fotos da canción que nos preparou a profe.

 
Somos Amigos from Silvia Puga López on Vimeo.

martes, 17 de xuño de 2014

Fin de curso

E nesta última semana que xa custa moito traballar e ademais perdemos todas as nosas rutinas imos relaxarnos un pouquiño con estas cancións que tanto nos gustan na aula de 5 anos.



venres, 6 de xuño de 2014

Imos ver un vídeos

E agora para seguir aprendendo máis sobre o espacio podemos ver uns debuxos animados.



 

 

mércores, 4 de xuño de 2014

O nosos sistema solar

Imos aprender máis cousas do noso sistema solar con axuda das novas tecnoloxías.

 

mércores, 28 de maio de 2014

Como recoñecer as constelacións

Estamos aprendendo cousiñas das constelacións.

Inventando contos

Hoxe na aula estivemos inventando contos por parellas e foi unha actividade moi moi interesante. Non é a primeira vez que o facemos nin será a última porque é unha tarefa que nos gusta moito e nos permite traballar moitas intelixencias e habilidades.
A profe estaba moi contenta con nós porque nos implicamos moito na actividade e ademais de moi motivados estabamos moi compenetrados e traballamos un montón.
Con este nivel de implicación a estas idades, o resultado final é o menos importante.
...

luns, 26 de maio de 2014

Deica pronto profe Iris

Como ben sabedes durante uns meses tivemos dúas profes na nosa clase, pero por desgraza unha deles deixounos no mes de marzo para continuar formándose. Aprendemos moito con ela e collémoslle moitísimo cariño, por iso a botamos moito de menos e lle preparamos unha festa de despedida e uns agasallos con axuda das nosas familias. Moitas grazas profe Iris por darnos tanto cariño e tanta entrega durante o tempo que estiveches connosco. Acaba pronto esa universidade que te queremos de novo no noso colexio canto antes.
...

xoves, 22 de maio de 2014

Semana Cultural

Durante a Semana Cultural do noso colexio realizamos moitas actividades como contacontos, teatro de sombras, excursións, visitas guiadas, roteiros... algunhas fotos das actividades nas que nós participamos podedes velas na seguinte presentación de imaxes.

 Semana Cultural 2014 on PhotoPeach

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...