xoves, 22 de decembro de 2016

mércores, 21 de decembro de 2016

O apalpador

Hoxe estivemos falando do apalpador e lendo algún conto sobre a súa figura.

martes, 20 de decembro de 2016

Cartas a Papá Noel

No colexio xa temos todo preparado para recibir mañá a Papá Noel.
Déronnos un pouco de traballo porque este ano non había folletos, pero as cartas e os sobres están listos.

mércores, 23 de novembro de 2016

Brancaneves

Hoxe no colexio estivemos vendo un conto de brancaneves, máis ben dous contos de brancaneves: a versión clásica e unha versión un pouco diferente que nos gustou moito que traballa a coeducación.
A raíz disto estivemos falando das semellanzas e diferenzas entre os dous contos e como tampouco é necesario que a Brancaneves a rescate un príncipe azul dándolle un bico, tamén pode ser un doutor que a socorre cando se desmaia; tampouco ten porque morrer a mamá de brancaneves; e ó mellor a brancaneves tamén lle gustaba ir ao colexio e percorrer o mundo...
Aquí vos deixamos as dúas versións do conto e máis as diferenzas que nós atopamos (algunhas claro).





luns, 21 de novembro de 2016

Rosa caramelo

Hoxe empezamos a traballar a Coeducación para conmemorar o 25 de Novembro, e fixémolo lendo o conto de Rosa Caramelo e a partir de aí estivemos investigando a ver se as elefantas son os rosas e cal é a verdadeira diferenza entre os elefantes e as elefantas. E para rematar debuxamos un elefante e un elefanta e coloreámolos. E sabedes que...? de Rosa nada.









xoves, 27 de outubro de 2016

martes, 25 de outubro de 2016

o noso esquelete

Levamos uns días traballando na aula sobre o noso esquelete, estas son algunhas das cousiñas que estamos vendo:





E  agora a xogar un pouco:

luns, 24 de outubro de 2016

Xogo sobre o corpo

Aquí vos deixo un xogo que fala sobre o corpo humano, así os nenos/as aprenderán xogando.



mércores, 19 de outubro de 2016

Xogos co corpo humano

Aquí vos deixamos tamén unha actividade Lim sobre o corpo humano da EEI O Sartal que nos gustou moito.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...