xoves, 28 de marzo de 2019

AS "MAGDALENAS" DE MARÍA

Onte María trouxo a clase unhas "magdalenas" de chocolate que fixo o día anterior coa súa nai; como nos pasa sempre, non sobrou nada. Realmente estes nenos e nenas, e como non,  as súas familias son uns excelentes cociñeiros e cociñeiras. Moitas grazas por compartilo.






martes, 26 de marzo de 2019

OSOS CON FUNNY GUMMY

Hoxe as pequenas e pequenos de 3 e 5 anos fixemos un obradoiro de funny gummy coa que modelas os nosos distintos osos pandas. Coma sempre cada un lle deu o seu toque característico.




ANIVERSARIOS MARZO

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de marzo. Neste caso os protagonistas eran Sabela, Mariña e Arantxa. Como sempre nos convidaron a un rico anaco de biscoito e a uns gusanitos.
Parabéns pequenas, que cumplades moitos máis. Un bico.

MAI-MAI

Onte fomos o salón do libro de Pontevedra a ver a obra de teatro Mai-Mai da compañía Boabab teatro. A obra tiña como protagonista un oso panda, con él e súa historia querían facernos ver o importante de coidar o noso planeta e as especies en perigo de extinción.
As pequenas e pequenos encantoulles.


OS CARACOIS DE JULIA

Julia chegou a clase moi emocionada coas súas novas mascotas, uns caracois que estiveron durante a mañá con nós na aula. Foi moi entretido porque algún decidiu marchar de paseo fora da súa casa.

domingo, 24 de marzo de 2019

Chegou a primavera

O venres despois do recreo fomos polo patio a contemplar as distintas árbores que hai nel; puidemos ver como moitas de folla caduca xa están brotando, algunhas ata teñen flores, e outras seguen "espidas".
A profe colleu  follas dunha árbore moi grande que se chama moreira,  e díxonos que era a comida duns "bichiños" que van  vir para a nosa clase o luns. Que serán?


As rosquillas de Éric.

Esta semana a nosa maleta viaxou ata a casa de Éric; o xoves pola tarde el e a súa nai estiveron a facer as rosquillas que saen no libro de sobremesas; e como non podía ser doutra maneira o venres trouxoas ao cole para que as probaramos todos. Estaban boísimasssssssss.

Moitas grazas.


luns, 11 de marzo de 2019

O enterro da sardiña

Hoxe é un día triste, despois de ler o conto do Ravachol empezamos o cortexo fúnebre da nosa Sardiña ata o patio; alí empezamos a vareala,  e a pobre pouco aguantou.

Agora sí,   REMATOU O ENTROIDO   😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭





xoves, 7 de marzo de 2019

MARILÓ E OS PEQUES DE 3 ANOS

Aproveitando a visita de Mariló para falar co resto do cole, estivo na nosa aula facendo unha actividade. Explicounos como facían os entrenos e púxonos un circuíto para facer con ela. Foi moi divertido, a verdade, e que as pequenas e pequenos querían repetir.
Grazar por vir.



DÍA DA MULLER

Hoxe co gallo do DÍA DA MULLER pedimos a colaboración dalgunhas familias para conmemorar este día. A idea centrouse en falar con mulleres que tiveran traballos que foran pensados anteriormente para o "xénero masculino".

Acompañáronnos: Mariló (mamá de Gabi e Iker) que é militar, Leni (mamá de Lucas) que é patrona de barco e Iria (madriña de Delia y Athenea) que é arbitra de fútbol.

Moitísimas grazas por vir.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...