Hoxe celebramos os aniversarios de xullo e agosto; e algo cedo pero non querían quedar sen celebralo cos seus compañeiros e compañeiras no cole. Parabéns a Mario, Xoel, Antía, Delia, Irina, Gabi, Iria e Fátima. 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
mércores, 19 de xuño de 2019
luns, 17 de xuño de 2019
ANIVERSARIOS MES DE XUÑO
Hoxe celebramos os aniversarios do mes de xuño; como eramos moitos, xuntamos moita comida, biscoitos, galletas, brownie, melón, sandía... , estaba todo boísimo pero nos non o demos comido, polo que decidimos invitar as outras clases, chegou para todo o cole. Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
E sobre todo, PARABENSSSS a Breogán, Izan, Marta, Sofía, Manuel, Sofía Tejero, Iria, Éric, Andrea, Carla e Andrea Seoane. 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂
xoves, 13 de xuño de 2019
A NAI DE ANXO E O ZAPATEIRO
Hoxe foi o turno da nai de Anxo, trouxonos un conto moi bonito, cheo de emocións, que ningún de nos coñecíamos, titulábase "El zapatero y los duendes". E como nos sobrou algo de tempo, pedímoslle que nos lera outro, que elexiu Anxo na nosa biblioteca. Gustáronnos moito, moitísimas grazas por vir a compartir un ratiño con nos.
SAÍDA OS BOMBEIROS
Por fin chegou o gran día da saída os bombeiros, este ano tivemos moitas, pero esta era a máis esperada, e non nos decepcionou. Primeiro explicáronnos o seu traballo diario, despois manexamos a mangueira e por último chegou a escuma, xa nos tardaba.
E para rematar este gran día fomos a merendar o parque de Lourido.
Un día perfecto. Moitímas grazas a estes PROFESIONAIS.
Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos.
E para rematar este gran día fomos a merendar o parque de Lourido.
Un día perfecto. Moitímas grazas a estes PROFESIONAIS.
Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos.
luns, 10 de xuño de 2019
OS CONTOS DA NAI DE MARÍA
Hoxe veu a nai de María a lernos o conto "O abrigo de Jana" e outro moi especial "Donde viven las Hadas"; este era un conto máxico, había que lelo a escuras e con moito silencio porque se non a maxia non funcionaba.
Encantáronnos, moitísmas grazas por vir.
xoves, 6 de xuño de 2019
SANTIAGO
Como xa sabedes o noso proxecto anual de centro trata do "Camiño de Santiago", por iso pensamos que a mellor forma de rematalo era ir visitar Santiago de Compostela.
Foi un excursión fantástica, onde as pequenas e pequenos gozaron enormente e sorprendéronse con moitas das cousas que alí miramos.
Foi un excursión fantástica, onde as pequenas e pequenos gozaron enormente e sorprendéronse con moitas das cousas que alí miramos.
Noraboa a estas pequenas e pequenos polo seu gran comportamento, foi fantástico estar con eles.
domingo, 2 de xuño de 2019
AS COCIÑEIRAS CARLA E ANDREA
A case todos os nenos e nenas lles gusta cociñar e pasar unha tarde divertida na compaña dalgún adulto que os axude; iso foi o que fixeron Carla e Andrea o xoves pola tarde coa súa mama. Estiveron a facer magdalenas de chocolate e como lle sairon tan ben, trouxeronas para o cole para compartir cos seus compañeiros e compañeiras. Ademais de bonitas, estaban tan boas que non quedaron nin as frangullas.
Moitísimas grazas.
OS CONTOS DA MAMÁ DE SABELA
Xa levabamos uns días sen familias que nos viñeran a ler un conto; pero o venres chegou a mamá de Sabela con Rosa caramelo e Sacapenas; estivemos todos moi atentos escoitando debaixo do chorón porque xa sabedes que nos encantan os contos, pero o que máis nos gusta é que as nosas familias veñan o cole.
Moitas grazas, Lorena.
venres, 31 de maio de 2019
EXPERIMENTAMOS COAS CORES
Os peques de 3 e 4 levamos a cabo un obradoiro de cores da man de "Colores" de Hervé Tullet.
Pero este é un conto especial, un conto diferente... pois é máxico!
A través das súas páxinas probamos, mezclamos, exploramos e manipulamos o mundo das cores mentres nos divertíamos creando as nosas propias obras de arte.
xoves, 30 de maio de 2019
PLANTANDO MILLO
Estamos no tempo da sementeira, a semana pasada pasada foron chícharos e agora é o turno do millo; a ver se temos sorte e sae algo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















