xoves, 31 de outubro de 2019

A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO COLEXIO

PASÁMOLO DE MEDO NA FESTA DE SAMAÍN.
VIMOS AO COLEXIO CUNS TRAXES QUE METÍAN MEDO. VAMPIROS, BRUXAS, ESQUELETES, MOMIAS, …
 MIRADE QUE MONSTROS TERRORÍFICOS, NON HAI QUEN POIDA CON ELES.
A QUE METE MEDO?

QUE BEN SE PORTARON OS MAIORES CON NÓS NOS OBRADOIROS...
 A PROFE MARINA CONTOU UNS CONTOS TERRORÍFICOS.
QUEN DIXO MEDO!
 GUSTOUNOS MOITO COMO MUDÓU O XIMNASIO E PASAR POLO TÚNEL OS QUE QUIXEMOS.
XA PASAREMOS POLO TÚNEL O ANO QUE VEN!

PASÁMOLO EN GRANDE!
SANDÍA, SANDÍA, SANDÍA. VÉMONOS EN CINCO DÍAS.
SAÍMOS NA PRENSA,. PREME ESTE TEXTO PARA VELO.
https://bibliopinco.blogspot.com/2019/11/samain.html
        Neste mes adiantamos a festa   dos aniversarios de outubro para non coincidir co Samaín.
Ao final, na clase de 3 aniños houbo coroas para quen quixo.
Parabéns para Martín que xa é un mozo de 4 anos.
      Parabéns igualmente para Naia, Leo e Hugo R. que xa teñen 3 aniños.

sábado, 28 de setembro de 2019


Celebramos a primeira festa de aniversarios deste curso.

Parabéns a Hugo C. polos seus 3 anos e a Maia e Mara que xa teñen 4.

mércores, 4 de setembro de 2019

Benvidos/as

Benvidos todos e todas ao novo curso escolar 2019-2010.


venres, 28 de xuño de 2019

GRADUACIÓN



Xa estamos en PRIMARIAAAAAAAAAAAAAAAA.



xoves, 20 de xuño de 2019

FESTA DA AUGA

Seguimos coa semana de celebracións, hoxe foi o turno da festa da auga, onde como podedes ver nas fotos, non consistía só en mollarnos. Había distintas estacións polas que íamos pasando en grupos: a da pintura, a da froita, a das sensacións, a diana con pistolas de  auga e os globos.

Non puidemos mollarnos tanto como nos gustaría porque o tempo neste mes de xuño non acompaña pero aínda así pasámolo xenial. 

Moitas grazas as mamás e os papás de 3 anos que nos axudaron na organización, sen eles non sería posible facer a festa.







mércores, 19 de xuño de 2019

A MAMÁ DE XOEL E MAIA

Hoxe era un día moi especial para Xoel por dous motivos:  celebraba o seu aniversario por primeira vez neste cole, pero o que máis ilusión lle facía era que viña a súa mamá a lernos un conto. Bueno realmente foron dous, e non veu soa, acompañouna Maia. Xoel estaba tan emocionado que practicamente nos contou el as historias, porque as coñecía moi ben.

Moitísimas grazas por vir.


ANIVERSARIOS DE XULLO E AGOSTO

Hoxe celebramos os aniversarios de xullo e agosto; e algo cedo pero  non querían quedar sen celebralo cos seus compañeiros e compañeiras no cole. Parabéns a Mario, Xoel, Antía, Delia, Irina, Gabi, Iria e  Fátima.  🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂


luns, 17 de xuño de 2019

ANIVERSARIOS MES DE XUÑO

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de xuño; como eramos moitos, xuntamos moita comida, biscoitos, galletas, brownie, melón, sandía... , estaba todo boísimo pero nos non o demos comido, polo que decidimos invitar as outras clases,  chegou para todo o cole. Moitas grazas familias pola vosa colaboración.

E sobre todo, PARABENSSSS a Breogán, Izan, Marta, Sofía, Manuel, Sofía Tejero, Iria, Éric, Andrea, Carla e  Andrea Seoane. 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...