Hoxe foi un día moi emotivo de despedidas...
E para despedir o curso nada mellor que facelo comendo pizza 🍕😋
Estaba riquísima!!
Bo verán para todos e todas!!
💕💕💕💕💕💕💕💕
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Hoxe foi un día moi emotivo de despedidas...
E para despedir o curso nada mellor que facelo comendo pizza 🍕😋
Estaba riquísima!!
Bo verán para todos e todas!!
💕💕💕💕💕💕💕💕
Tivemos a sorte de asistir a un contacontos, cos outros compis de infantil, titulado "A princesa Metesustos" no que a protagonista é Sabela, a irmá de Lois, que nos encantou.
Moitísimas grazas a Amencer e á familia de Lois e Sabela por contar connosco.
😍😍😍😍😍😍
Pasámolo pipa!!
Aproveitamos o bo tempo para facer unha saída pola nosa contorna e desfrutar da natureza...
Pasámolo pipa xuntos!!
😘😘😘😘
Estes días estivemos cos preparativos para o festival de fin de curso. Inspirándose no paxaro de lume de Stravinsky elaboramos as nosas máscaras para o baile.
Quedaronnos chulísimas!!
Botade unha ollada!!
Mirade que guapos e guapas estabamos...
👀 👀 👀 👀 👀
As cativas e cativos de 5 anos seguímonos a inspirar en Kandinsky nas nosas artistadas...
🎨🎨🎨🎨🎨🎨
PASÁMOLO PIPA!!
BICOS DE FRESA 🍓
A PROFE MARINA
Hoxe é un día moi especial, Leo está de cumple!!
Ay que ver cómo pasa o tempo...!!
Seis aniños!!
Parabéns Leo!!
NA CLASE DE 3 ANOS OS NENOS E NENAS DECIDIRON VIAXAR "A ONDE VIVEN AS XIRAFAS E OS HIPOPÓTAMOS", ASÍ QUE NESTE TERCEIRO TRIMESTRE ESTAMOS COÑECENDO UN POUQUIÑO SOBRE ÁFRICA.
A PRIMEIRA PARADA FIXÉMOLA NO NORTE, NO DESERTO DO SÁHARA.
OBSERVAMOS O SEU ECOSISTEMA, COÑECEMOS AOS HOMES AZUIS E A SÚA FORMA DE VIDA, DECORAMOS UNHAS JAIMAS, E INVESTIGAMOS QUÉ ANIMAIS VIVÍAN NO DESERTO. SORPRENDEUNOS MOITO ISO DE "SER NÓMADAS" E LEVAR A NOSA CASIÑA A COSTAS!
TRABALLAMOS UN MONTÓN! E XA NOS ESTAMOS CONVERTINDO EN PEQUENOS PROFESIONAIS NO USO DE TESOIRAS! BOTADE UNHA OLLADA!!
CAL SERÁ A NOSA PRÓXIMA PARADA???
Os cativos e cativas de 5 anos participaron xunto cos demáis nenos e nenas do cole na elaboración e celebración do Maio.
Desfrutamos moitísimo!!
E grazas ao traballo en equipo fixemos un Maio ben bonito!!
MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
😉😉😉😉😉😉