sábado, 29 de xaneiro de 2022

AS CORES DO INVERNO

 QUE FRÍO FAI ESTOS DÍAS VERDADE?

⛄⛄⛄

CADA MAÑÁ, AO CHEGAR AO COLE OBSERVAMOS O CAMPO DE FÚTBOL, COA HERBA CONXELADA. ALGÚNS DICÍAN QUE PODÍAMOS XOGAR AO "FÚTBOL SOBRE XEO"😂, AÍNDA QUE NOS PARECÍA UN POUCO PERIGOSO.

COMEZAMOS A FALAR DAS DIFERENTES CORES DO INVERNO E OS CAMBIOS NA PAISAXE COA CHEGADA DESTA ESTACIÓN. OBSERVAMOS DIFERENTES IMAXES INVERNAIS E COA AXUDA DA NOSA CAIXA DE CORES MONTESSORI FOMOS DESCUBRINDO CALES SON AS CORES TÍPICAS DO INVERNO, MIRADE QUÉ CONCENTRACIÓN!!!

UNHA VEZ TIVEMOS CLARO QUÉ CORES ELEXIR, PREPARAMOS TÉMPERA E CREAMOS POR PARELLAS UNHAS OBRAS DE ARTE ABSTRACTAS EN PAPEL DE ALUMINIO:





E VELAQUÍ O RESULTADO!!


"CAMIÑO" - Paula, Yael e Sebastián.
"PATINES DE XEO"- Sara e Aldara.
"COELLIÑA E COELLIÑO"- Vega e Emma.

TEMOS PENDENTE FACER UNS CARTELIÑOS CO NOME DA OBRA E DXS ARTISTAS, PARA QUEN QUEIRA VISITALA E APRECIAR UN POUQUIÑO DA NOSA ARTE.

SAUDIÑOS E ATA PRONTO!!!💜💜



xoves, 27 de xaneiro de 2022

PEIXIÑO DE CORES🐟🐠

VAIA DIAZO ESPLÉNDIDO

HOXE PASAMOS A HORA DE LER  NO PATIO, 

AO PÉ DO RÍO VERDUGO

 LIMOS  NO LIBRO  "ABEZOO OCÉANO" 

O POEMA DA LETRA "B" DE  BALEA 🐳🐳

E  SABEDES  QUE?

AS 🐳BALEAS🐳  NON SON PEIXES 

NÓS,  TÉMOLO MOOOI CLARO!

🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠🐡🐟🐠

DESPOIS DA LECTURA

ENREDAMOS UN BO RATO MÁIS 

PINTANDO NO CHAN COAS XICES DE CORES 
CADRADIÑO A CADRADIÑO... 
CONSEGUIMOS
O  PEIXE  ARCO  DA  VELLA
A  QUE  QUEDOU  CHULO!!

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

luns, 24 de xaneiro de 2022

Maxia!!☃️⛄☃️

 No cole os cativos e cativas de tres anos estamos a investigar sobre o inverno. Hoxe a profe Marina trouxo un polvos máxicos para facer neve...

Primeiro botamos os polvos máxicos


 Un chisquiño de auga fría
As palabras máxicas...e...
NEVE!!
❄❄❄









Pasámolo pipa!!

 😉😉😉😉


venres, 21 de xaneiro de 2022

Parabéns Nina!!

 Hoxe Nina cumple 4 anos!!

E no cole celebrámolo con moita festa: xogamos, cantamos, bailamos... E ata lle fixemos un debuxo entre todos.

 




 

Parabéns Nina!!


 

 



xoves, 20 de xaneiro de 2022

Espelliño, espelliño!!

 Na clase de tres anos fixemos unha actividade moi divertida que consistía en retratarnos uns aos outros...

Actividade na que os cativos e cativas ademais de profundizar no afianzamento do esquema corporal puideron desenvolver a súa creatividade ao tempo que se divertiron moitísimo.

Botade unha ollada!!

 







xoves, 13 de xaneiro de 2022

Pintamos con bolsiñas de te

 Hoxe, os cativos e cativas de tres anos, levamos a cabo unha actividade sensorial que nos gustou moito.

O primeiro que fixemos foi experimentar coas bolsiñas de té con diferentes sentidos: tacto, vista e olfacto. 

E, por último, pintamos con elas sobre unha cartolina branca, observando como se mesturaban as cores.

 






Foi moi divertido!!

luns, 10 de xaneiro de 2022

Vivan os Reis!!

Remataron as vacacións de Nadal e toca voltar ao colexio...

Ao chegar levamos unha SORPRESA!!!

OS REIS DEIXÁRONNOS MOITOS AGASALLOS

QUE ALEGRÍA E QUE BEN O PASAMOS XOGANDO.



mércores, 22 de decembro de 2021

🎅🎄XA NOS TARDA ESTE NADAL!! 🎄🎅

 ESTE CURSO DECORAMOS A PORTA DE CLASE CUNHA MOREA DE ÁRBORES PEQUENIÑAS

😅😅 MENUDO TRABALLIÑO LEVAMOS!! 😅😅

TROQUELAMOS MONTÓNS DE FIGURIÑAS PARA PEGAR NOS TRIÁNGULOS

💪💪 A DE FORZA QUE HABÍA QUE FACER PARA CONSEGUILO...💪💪

PEGAMOS AS ARBORIÑAS TODAS XUNTAS UNHA A UNHA ATA CONSEGUIR UNHA ÁRBORE MÁIS GRANDE CA NÓS.

REMATAMOS A DECORACIÓN DA PORTA CON FOLERPAS DE NEVE, 
SE NON DÁBALLE ALGO  A   LEO😉

PREPARAMOS O BAILE PARA O VÍDEO DE  NADAL DO COLE

CELEBRAMOS O NADAL NO COLE  E O ANIVERSARIO DE MAIA CON ELEGANCIA, 

TOMANDO 12 GUSANITOS COAS BADALADAS E CHOCOLATE CON ROSCA.

🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄


CANDO REMATAMOS A FESTA 

LEVAMOS PARA CASA 

 TODOS OS TRABALLIÑOS QUE FIXEMOS 

 ESTE  PRIMEIRO TRIMESTRE 

NUNHA BOLSA  QUE DECORAMOS

AO NOSO XEITO.

🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄
E  POR ÚLTIMO ESTE ANO
VÉMONOS  EN  XANEIRO
MOITA SAÚDE!

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS E TODOS VÓS

💙💓💚💕💜💖💛 💗 

martes, 21 de decembro de 2021

Fin de ano!!

 Hoxe no cole adiantámonos e despedimos o ano con MOITA TROULA como é debido...

 

 


 tomamos os doce gusanitos en lugar das uvas como e tradición ao tempo que soaban as badaladas e tampoco faltou o roscón con chocolate ...

😋😋😋😋😋😋



OS NENOS E NENAS DE TRES ANOS DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS!!





luns, 13 de decembro de 2021

Parabéns Antón!!



O sábado Antón cumpliu 3 aniños!!

Esta semana no cole quixemos celebrado todos xuntos cantando e bailando. 

Pasámolo pipa!!



 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...