ACORDÁDEVOS DE CANDO XOGAMOS NA CLASE ÁS TENDAS?
QUE BEN O PASAMOS!!
ADEMÁIS DE QUE NOS SERVE PARA REPASAR MOITAS COUSIÑAS!!
QUE VOS PARECE SE XOGADES EN FAMILIA?
O QUE TEDES QUE FACER É O SEGUINTE:
- PRIMEIRO TEMOS QUE FABRICAR OS NOSOS CARTIÑOS. PODEDES IMPRIMILOS, OU MOITO MELLOR, DEBUXALOS E RECORTALOS!!
FACEMOS MOEDAS DE 1€, 2€ E BILLETES DE 5€.
QUE FORMA TEÑEN? NON VOS ESQUEZADES DE ESCRIBIR O NÚMERO CORRESPONDENTE EN CADA UNHA DELAS PARA SABER O QUE VALEN!!
- UNHA VEZ TEMOS OS CARTOS, ELEXIMOS AS COUSIÑAS QUE QUEREMOS VENDER. PODEN SER ALIMENTOS, CONTOS, XOGUETES... O QUE MÁIS VOS GUSTE! PENSAMOS UN PREZO (ENTRE 1 E 10, PARA QUE VOS SEXA MÁIS SINXELO) E FACEMOS AS ETIQUETAS DE CADA COUSIÑA.
REPARTIMOS OS CARTOS E XOGAMOS A COMPRAR E A VENDER!!
QUE PODEMOS COMPRAR COS CARTOS QUE TEMOS? SOBRAME ALGO?
CHÉGAME PARA COMPRAR DÚAS COUSAS OU MÁIS? CANTO ME FALTARÍA?
SE QUEREMOS AFORRAR PARA O NOSO PORQUIÑO, QUE COMPRAMOS PARA QUE NOS SOBREN CARTOS??
PODEDES SER VENDEDORES E VENDEDORAS OU TAMÉN IR COMPRAR!!
É UNHA FORMA MOI DIVERTIDA DE REPASAR OS NÚMEROS, AS FORMAS, SUMAR, RESTAR...!!
ESPERO AS FOTIÑOS DAS VOSAS TENDAS!!!
DÉIXOVOS ESTA CANCIÓN DO MERCADO QUE TANTO VOS GUSTA!!
DÉIXOVOS ESTA CANCIÓN DO MERCADO QUE TANTO VOS GUSTA!!
QUE TEÑADES UN DÍA MOI FELIZ!!!
BICOS ENORMES DA PROFE SAMAI!!!💖💖
XA EMPEZAN A CHEGAR AS VOSAS TENDAS!! NORABOA!!
ENCÁNTAME VERVOS DISFRUTAR DESTE TEMPO EN FAMILIA!!