BOS DÍAS!!!
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS (E DE 6, QUE XA TEMOS ALGUN E ALGUNHA MOI MAIOR) SON MOI CURIOSOS E ENCÁNTALLES INVESTIGAR!!
ASÍ QUE HOXE DEBEDES TER MOITO OLLO COS NÚMEROS!!
ESTAMOS RODEADOS DE NÚMEROS POR TODAS PARTES!
A VOSA MISIÓN SERÁ ATOPALOS E DESCUBRIR PARA QUÉ SERVEN!
NA LAVADORA, NO CALZADO, NA ROUPA...
TEDES QUE FACER UN REXISTRO, COMO BOS E BOAS DETECTIVES, E ANOTAR NUN PAPEL O SITIO ONDE O ATOPÁCHEDES ASÍ COMO ESCRIBIR OS NÚMEROS.
SE QUEREDES TAMÉN PODEDES FACER UN DEBUXIÑO.
CAL É A SÚA FUNCIÓN?
AGORA SO PODEMOS BUSCALOS NA NOSA CASA, PERO...
SABEDES DALGÚN OUTRO LUGAR DA RÚA, DO SUPERMERCADO, DO COLE... ONDE ATOPEMOS NÚMEROS?
COMO VEDES, ESTÁN POR TODAS PARTES E SON MOI IMPORTANTES!!
POR ISO DEBEMOS APRENDELOS MOI BEN!!
ESTA ACTIVIDADE, COMO TODAS AS DO BLOG, É PARA TODOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL QUE QUEIRAN PARTICIPAR.
BIQUIÑOS A TODOS E A TODAS!!
A PROFE SAMAI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario