Hoxe imos repasar as formas xeométricas, vistas na clase, con esta canción:
Vouvos propoñer un xogo, pedídelle a un adulto que teñades por casa que vos debuxe ou imprima círculos, triángulos, cadrados e rectángulos, de distintas formas e tamaños. Despois colorealos co material que teñades por casa: pode ser témpera, pintura de dedos, ceras, rotuladores... E, por último, tedes que recortalos.
Con todas esas formas xeométricas propóñovos un xogo, que consiste en que fagades diferentes composicións.
Empregade a vosa imaxinación!!!
Estou desexando ver os vosos traballiños 👀
Mandádemos ao email
masoso@edu.xunta.es
Biquiños para todos.
A profe Marina. 😘😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario