BOS DÍAS!!!
COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA!
QUE TAL ESTADES? COMO VOS SENTIDES?
XA LEVAMOS UNHA SEMANIÑA NA CASA, E SEGURO QUE AO LONGO DA MESMA VIVIMOS UN "COCTAIL" DE EMOCIÓNS DIFERENTES, TANTO OS ADULTOS COMA OS MÁIS PEQUENOS, E NON TODAS ELAS AGRADABLES.
É NORMAL SENTIR RABIA, FRUSTRACIÓN, TRISTEZA... EN DIFERENTES MOMENTOS.
POR ISO É MOI IMPORTANTE QUE TODOS ESTOS DÍAS ADIQUEMOS UN MOMENTIÑO DO DÍA A ABRIR OS NOSOS CORAZONCIÑOS E FALAR EN FAMILIA SOBRE COMO NOS SENTIMOS, QUE TAL PASAMOS O DÍA...
E ASÍ PODER AXUDARNOS OS UNS AOS OUTROS NAQUELES MOMENTOS MÁIS DIFÍCILES.
DÉIXOVOS ESTE CONTO TAN BONITO QUE XA TRABALLAMOS NA ESCOLA E LLES AXUDA AOS NENOS E NENAS A IDENTIFICAR AS DIFERENTES EMOCIÓNS.
QUE VOS PARECE SE FACEMOS UN CORAZÓN BEN GRANDE E ELABORAMOS UN COLLAGE DE "COUSIÑAS QUE ALEGRAN OS NOSOS CORAZÓNS"?
PODEMOS PEGAR NEL FOTOS DA FAMILIA, RECORTES QUE NOS GUSTEN DE XOGUETES, CONTOS, DA NOSA PELI FAVORITA, ... FACER DEBUXOS, ESCRIBIR NEL VERBAS MÁXICAS COMO: APERTA, SORRISO, BICO..
TODO O QUE SE VOS OCORRA E QUE VOS POÑA CONTENTOS E CONTENTAS!
DESPOIS BUSCAMOS UN RINCONCIÑO ESPECIAL NO QUE COLGALO E SEGURO QUE NOS MOMENTOS TRISTES NOS AXUDA A SACAR UN SORRISO.
MANDÁDEME AS VOSAS CREACIÓNS!!
EU MÁNDOVOS UN ACHUCHÓN BEN CARGADIÑO DE ENERXÍA!!
A PROFE SAMAI.
COMEZAN A CHEGAR OS VOSOS TRABALLIÑOS!!
ENCÁNTANME!!!
ANIMÁDEVOS OS QUE FALTADES!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario