BO DÍA PEQUERRECH@S!
TRAIVOS UNHA CHEA DE
POSIBILIDADES PARA XOGAR COS NOMES, PARA DEBUXAR, PARA DEBUXAR CON FÍOS...
CAIXA
DE
DEBUXO
ESCRITURA
RELAX
PRECISAMOS:
& UNHA
CAIXA, CASE MELLOR UN TÁPER MEDIANO.
& SAL
OU ARROZ
&TARXETAS
COAS VOGAIS, CONSOANTES, FORMAS
& ROTULADORES
OU CERAS PARA ESCRIBIR AS TARXETAS.
· (PARA ESTAS TARXETAS APROBEITAREMOS AS CAIXAS DE CEREAIS, NON ESQUECEMOS OS 3
R: RECICLAMOS, REUTILIZAMOS E REDUCIMOS; E POR SUPOSTO AFORRAMOS!!)
SEGUIMOS:
1ºBOTAMOS O SAL OU O ARROZ NA CAIXA. A CANTIDADE DEPENDE DO TAMAÑO “Así Como Ti Vexas”, DICÍA A MIÑA AVÓA PARA AS RECEITAS.
2ºCORTAMOS AS TARXETAS CON FORMA RECTANGULAR OU CADRADA.
3ºCON TRAZOS SIMPLES ESCRIBIMOS UNHA LETRA EN CADA TARXETA.
DENDE O PRIMEIRO PASO XA PODEDES ENREDAR, PERO OLLIÑO!! NON CISCAMOS NADA FÓRA DA CAIXA; SE CAERA ALGO... RECOLLEMOS.
SERÍA MÁIS PRÁCTICO QUE FORAN TODAS AS LETRAS DO MESMO TAMAÑO, OUTRO PARA NÚMEROS, E OS
DEBUXOS AO GUSTO. ISTO DA PÉ A TRABALLAR OS TAMAÑOS: A MÁIS GRANDE, A
MEDIANA E A PEQUENA, SERIES, ...
CON ESTA
CAIXA PRACTICAMOS O TRAZO CO DEDO DE ESCRIBIR, CUN PAU, CUNHA TAPA E BORRAMOS
TODAS AS VECES QUE QUEIRAMOS E XOGAMOS Á VEZ.
BANDEXAS DE POLIESTIRENO
ESTAS BANDEXAS NAS QUE VEÑEN EMPAQUETADAS CASE TODOS OS
ALIMENTOS TEÑEN UNHA SEGUNDA VIDA.
SEGUNDO POR ONDE FURES AS BANDEXAS DAN DISTINTO XOGO, PERO HOXE
FALAMOS DE PICAR CUN LAPIS, CUN BOLÍGRAFO, ...
PARA MOSTRA UN BOTÓN: TRAZAMOS A SÚA LETRA
MAQUINISTA OU CALQUERA OUTRA COUSA, E QUE VAIAN PICANDO POLAS LIÑAS.
AGORA, A XOGAR
con CONTOS CONTADOS POLOS AUTORES E AUTORAS DE CONTOS
COMO “O coelliño branco” PARA PASAR ESTES DÍAS.
SAÚDE CRONIÑON@S
APERTAS TAN GRANDES COMO UN MAMUT
Ningún comentario:
Publicar un comentario