A nosa compañeira Malia explicounos na clase que a roda, xunto co lume, fora un dos inventos máis importantes da prehistoria. Lembrádesvos dos seus traballiños?
Hoxe deixovos este vídeo para que vexades canto!!
Agora, despois de ver o vídeo, propóñovos que recortedes de revistas ou xornais, obxectos actuais que teñan rodas e os peguedes nun folio (se non tedes, podedes imprimilos ou incluso debuxalos). Despois escribide debaixo de cada obxecto o seu nome en maiúsculas.
Non vos esquezades de pór o voso nome e de facer esa letra de maiores que tanto me gusta!!
😉😉
E para rematar, xa que somos uns cantareiros e cantareiras, mesmo como fariamos no cole, deixovos esta canción de As Maimiñas titulada "Xira que te xira!".
Así que todas e todos a cantar e a bailar!!
🎤🎶🎵
Que pasedes un bo día!!
Mandarme os vosos traballiños por email.
Bicos de freeeeeesa!!
A profe Marina
💋💋👄😘😘💗💗
Ningún comentario:
Publicar un comentario