venres, 20 de marzo de 2020

Ola, Primavera!!

A primavera xa chegou...


Hoxe comeza a primavera e para darlle a benvida, as mestras de educación infantil, pensamos que nada mellor que facelo cantando e bailando este rock.
Queremos propoñervos que nestes días fagades debuxos e/ou algunha pequena manualidade, con material de refugallo que teñades por casa. Se non se vos ocurre nada, na rede hai moitísimas ideas...
Animádevos a participar!!
Enviade os vosos traballiños ás titoras por email e os publicaremos no blog para que os vexades todos e todas.
Unha aperta.
As mestras: Marina, Loli e Samai.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...