Hoxe quero propoñervos un xogo de lóxica-matemática que consiste en facer torres coas pezas de construción que tedes na casa que utilizaremos para sumar.
Para xogar hai que seguir estes pasos:
Paso 1: O primeiro que tedes, que facer con axuda dun adulto, e recortar sete anacos de papel do mesmo tamaño. Despois en cada anaco escribides un número (só os cinco primeiros números) e noutro anaco escribodes un + e no último anaco un =
Eu fíxeno así ...
Paso 2: Agora tedes que formar cinco torres co número de pezas que indica o número da tarxeta.
Eu fíxeno así...
Paso 3: E agora coas tarxetas montamos unha suma, e xuntando as torres calculamos o resultado e o escribimos, así:
É moi divertido!!
Agora tócavos a vós!!
Mandádeme as fotos por email
E para despedirme deixovos esta canción de Magin Blanco, que seguro vos encanta, para que repasedes os números.
Unha aperta enoooorme
A profe Marina
😘😘😘
E VELAQUÍ OS VOSOS TRABALLIÑOS!!
MOI BO TRABALLO!!
👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario