BOS DÍAS, FAMILIAS!
ESPERO QUE ESTEDES LEVANDO ESTA SITUACIÓN DA MELLOR FORMA POSIBLE. SABEMOS QUE É COMPLICADO, POLO QUE DENDE A ESCOLA QUEREMOS AXUDARVOS A QUE SEXA MÁIS LEVADEIRO.
AINDA QUE NINGUÉN MELLOR CA VOS SABE COMO ORGANIZAR O TEMPO NA SÚA CASA NESTE TEMPO DE CUARENTENA, QUEREMOS DARVOS UN EXEMPLO DE CÓMO PODEDES ORGANIZAR
UNHA MAÑÁ NA CASA "MODO COLE".
NON SE TRATA DE FACER TODO, SENÓN DE AXUDARVOS UN POUCO A ESTRUTURAR O TEMPO E DARVOS IDEAS PARA QUE POIDADES TER UNHA RUTINA DIARIA QUE LLES AXUDE NA VOLTA Á NORMALIDADE.
NON SE TRATA DE AGOBIARNOS, POSTO QUE O VERDADEIRO APRENDIZAXE ESTÁ NO VIVIDO EN CADA MOMENTO. DE TODO PODEMOS APRENDER, INCLUSO DE ESTAR ABURRIDOS, DE NON TER NADA MARCADO E DEIXAR VOAR A NOSA IMAXINACIÓN PARA PASAR O TEMPO.
É TEMPO DE OBSERVAR, DESCUBRIR NOVOS HOBBIES, DE INVENTAR HISTORIAS, LER CONTOS E "VIAXAR" COS SEUS PERSONAXES. APRENDER A VALORAR AS COUSAS IMPORTANTES COMO DISFRUTAR DA FAMILIA, PASAR TEMPO XUNTOS... APRENDER A TER PACIENCIA, A AXUDARNOS E COMPRENDERNOS, A SER EMPÁTICOS, A VALORAR O QUE TEMOS E TANTO BOTAMOS EN FALTA...
DE TODO SE APRENDE, E SEGURO QUE DESTE PERÍODO NOS LEVAREMOS MOITAS APRENDIZAXES QUE NOS SERÁN A TODOS E TODAS MOI ÚTILES NO FUTURO.
ASÍ QUE MOITO ÁNIMO!!!
TODO VAI IR BEN! XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario