Xa hai algún tempo os papás de Ánxela tamén nos viñeron visitar para ensinarnos cousas moi interesantes. Así a súa primeira visita foi para presentarnos a alguén moi importante para Ánxela, o seu can Pimpón (que por certo se portou moi ben e nos deixou que o tocásemos en varias ocasións).
A outra vez que nos visitaron foi para lernos uns contos moi bonitos de fadas que lle encantan a Ánxela. Nesta ocasión ler ler só leu a súa mamá (parécenos que aos papás os intimidamos un pouco máis que ás mamás) pero o seu papá estivo moi atento a todos nós en todo momento.
Para despedilos démoslles as grazas e un montón de bicos (sobre todo á súa mamá por suposto).
Moitas grazas familia por compartir o voso día libre connosco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario