sábado, 16 de xuño de 2012

Ensaio para o festival

Estes días estamos inmersos na preparación das nosas actuacións para o festival de fin de curso. Estamos traballando un montón e as nosas melloras nótanse día a día, aínda que ás veces acabamos moi moi cansos e as profes tamén.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación personalized with Smilebox

venres, 15 de xuño de 2012

Aniversario de Fabiola

O día 5 de xuño a nosa compañeira Fabiola estivo de cumple (xa ten 4 anos) e festexámolo todos xuntos no colexio.
Primeiro cantámoslle varias cancións de felicitación e despois soplamos as velas e comemos unha merenda riquísima que nos trouxo a súa mamá.
O único problema que tivemos ese día é que á nosa "cumpleañera" non lle gusta nada de nada rir para as fotos, e para facela rir só un pouquiño tivemos que facerlle cóxegas.
Os noso parabéns Fabiola, agardamos que o pasases ben con nós o día do teu aniversario.


xoves, 14 de xuño de 2012

Conto

Aquí vos deixamos un conto sobre o cadro dos mirasoles de Van Gogh. Camille y Los Girasoles

Libro das mascotas

Aquí podedes ver o noso libro das mascotas.
Na elaboración deste pequeno libro participaron os papás e mamás dos nenos e nenas da nosa aula que nos abriron as portas da súa casa para ensinarnos esas mascotas ás que tanto queren e coidan as nenas e nenos da clase de 3 anos.
Moitas grazas familia pola vosa participación neste proxecto, sen vós nos sería posible facer esta clase de actividades.

mércores, 13 de xuño de 2012

A importancia do xogo "ao natural"

Aquí vos deixo unha pequena reflexión dunha gran profesional sobre a importancia do xogo para as nenas e nenos e sobre cales son os xogos que lles debemos formular na infancia.

martes, 12 de xuño de 2012

Visita da mamá de Xiana

A semana en que Xiana foi a nosa protagonista veunos visitar a súa nai, Graciela.
 Coa mamá de Xiana estivemos lendo uns contos: un de origami, un con pictogramas... e logo ensinounos as súas habilidades coa goma eva.
A mamá de Xiana é moi hábil coa goma eva e Xiana tamén, así que nos estiveron axudando a facer a nós algunhas cousiñas: un bolso, un marco de fotos, un barco... quedáronnos moi bonitos e pasámolo moi ben.
Moitas grazas pola túa visita Graciela, foi un pracer terte connosco.


luns, 11 de xuño de 2012

Protagonista

Esta semana a nosa protagonista é... CANDELA.

sábado, 9 de xuño de 2012

Mercadillo

Entre os días 7 e 8 de xuño celebramos o noso mercadillo de flores no colexio.
A verdade é que foi todo un éxito (non ten nada que ver que viñesen os nosos papás) e vendemos todas as flores e centros de flores rapidísimo.
Agora que xa traballamos para preparar as flores, preparar os centros, facer o mural... só nos queda contar os cartos e gozar deles cunha gran festa nos últimos días de colexio.
 Porque como xa sabedes que o curso está chegando ao seu fin e o próximo ano xa ímos ser nenos e nenas de catro anos e non imos ser os pequenos do colexio.




venres, 8 de xuño de 2012

Visita da Mamá de Javier López

Hoxe visitounos Marta, a mamá de Javier López, e estívonos ensinando a facer un broche de fieltro para as nosas mamás.
Hoxe viñamos con moitas ganas de traballar e non a deixamos nen tan sequera falar e dicirnos como se chamaba nin cal era o seu traballo; en canto chegou sentámola nunha das nosas cadeiras e puxémola a traballar porque intuíamos que ía ser unha tarefa difícil, desas que so fan os nenos e nenas de catro anos, ou os que están a piques de cumprir anos. A verdade é que nos custaba un pouco realizar a tarefa, menos mal que ela nos axudou porque: primeiro tiñamos que recortar dúas flores e un círculo de tea de fieltro (e era a primeira vez que cortabamos tea) e logo pórlle un botón e coser con agulla e fío (e como nós non somos quen de usar a agulla, coseu ela todos os agasallos para as nosas mamás e papás). Pero iso si, estivemos moi atentos para facelo nós a próxima vez.
Despois para despedila démoslle tantos bicos e abrazos que ata a tiramos ao chan nun par de ocasións; é que somos demasiado cariñosos.
Pasámolo moi ben e aprendemos a facer algunhas cousas que aínda non sabiamos.
 Moitas grazas Marta polas túas dúas visitas e volve cando queiras máis achuchóns.


xoves, 7 de xuño de 2012

Visita dos papás de Ánxela


Xa hai algún tempo os papás de Ánxela tamén nos viñeron visitar para ensinarnos cousas moi interesantes. Así a súa primeira visita foi para presentarnos a alguén moi importante para Ánxela, o seu can Pimpón (que por certo se portou moi ben e nos deixou que o tocásemos en varias ocasións).
A outra vez que nos visitaron foi para lernos uns contos moi bonitos de fadas que lle encantan a Ánxela. Nesta ocasión ler ler só leu a súa mamá (parécenos que aos papás os intimidamos un pouco máis que ás mamás) pero o seu papá estivo moi atento a todos nós en todo momento.
Para despedilos démoslles as grazas e un montón de bicos (sobre todo á súa mamá por suposto).
Moitas grazas familia por compartir o voso día libre connosco.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...